Nesta ocasión a sorte é favorable aos lalinenses, non así
noutras moitas ocasións, e conséguense uns bos resultados ante unha actuación
mellorable. Os dous veteranos do club, José Martín e Ciprián, non brillan como
é habitual e conseguen ambos a medalla de prata nas súas respectivas
categorías.

O debutante na competición galega, Manuel, protagoniza a
sorpresa da xornada para o club do Deza e logra a medalla de ouro nun combate
maduro, ben exposto, logrando a vitoria pola mínima e proclamándose “Campeón Gallego
de Light-Contact da FGK”.
Grandes resultados para o Club Kickboxing Lalín, que
compensan en parte os esforzos diarios destes deportistas, que como na maioría
dos deportes amateurs, o máximo premio é a satisfacción persoal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario