Inscripcións Campionato Gallego de Kickboxing Light-Contact. 23/05/2015



O Club Kickboxing Lalín participará con sete  loitadores no Campionato Gallego de Kickboxing, especialidade de Light-Contact, da Federación Deportiva Gallega de Kickboxing que terá lugar en Portonovo (Sanxenxo) o vindeiro sábado 23 de maio a partir das 16:30 horas.
Os representantes do club dezado serán os seguintes:
  •  Noelia Ferreiro Reboredo. Categoría 11-13 anos feminino e -60 Kg.
  • David Gil Nogueira. Categoría 11-13 anos masculino e -70 Kg.
  • Manuel Cerqueiro Montoto. Categoría +17 anos masculino e -65 Kg.
  • Alejandro Calvo Soto. Categoría +17 anos masculino e -75 Kg.
  • José Manuel Couto Barros. Categoría +17 anos masculino e -85 Kg.
  • Luís Segade Penela. Categoría +17 anos masculino e -90 Kg.
  • José Martín García González. Categoría +17 anos masculino e +90 Kg.

A única representante feminina, Noelia Ferreiro Reboredo, podería perderse a competición xa que é probable a coincidencia de datas co Campionato Gallego de Kung-Fu e no que participaría cun equipo local da que é membro.

Dos sete competidores, só dous teñen experiencia en competición, José Martín García González e José Manuel Couto Barros.  Os cinco restantes sería debutantes, polo que “o noso principal obxectivo será rodarse e coller experiencia, pero desde logo que imos saír a gañar; estes mozos teñen boa calidade para facer un gran papel e mesmo non descartamos medallas”.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...