 O Club Kickboxing Lalín logra un total de 6 medallas, 2 de
prata e 4 de bronce, no Campionato Galego de Kickboxing especialidade
Semi-Contact celebrado o pasado 7 de Xuño en Noia. Mellora deste xeito os
resultados conseguidos no Galego de Light-Contact, no que conseguiron un total
de 4 medallas (1 de prata e 3 de bronce).

A actuación do equipo dezano resúmese da forma seguinte:
Noelia Ferreiro Reboredo, que compite en categoría 11-13
anos feminino e +50 Kg, unha das categorías máis numerosas da competición, non
logra escalar ao pódium na súa estrea como competidora, e apéase en cuartos de
final.  
 David Gil Nogueira (categoría 11-13 anos masculino e +55
Kg)  logra a súa segunda medalla de
bronce do ano, nunha boa actuación, sentíndose máis cómodo que na especialidade
de Light-Contact.
David Gil Nogueira (categoría 11-13 anos masculino e +55
Kg)  logra a súa segunda medalla de
bronce do ano, nunha boa actuación, sentíndose máis cómodo que na especialidade
de Light-Contact.
Manuel Cerqueiro Montoto (categoría +17 anos masculino e -65
Kg) e Alejandro Calvo Soto (categoría +17 anos masculino e -75 
Kg), estréanse no medalleiro logrando ambos a medalla de bronce nas súas respectivas categorías.
Kg), estréanse no medalleiro logrando ambos a medalla de bronce nas súas respectivas categorías.
José Manuel Couto Barros (categoría +17 anos masculino e -85
Kg.) e José Martín García González (categoría +17 anos masculino e +90 Kg.)
repiten os resultados conseguidos na especialidade de Light-Contact. Os dous
veteranos competidores lalinenses logran a medalla de bronce e de prata
respectivamente.  José Martín García
González non alcanza o ouro nunha dura final, na que mesmo tivo que ser
atendido polo cadro médico da competición.
 A actuación máis destacable foi de mans de Luís Segade
Penela (categoría +17 anos masculino e -90 Kg.). Vence en semifinais a Arón Ayude
(Escola de Kickboxing Ayude de Melide), 
varias veces medallista a nivel nacional en diferentes especialidades do
kickboxing e Campión de España (FEK) nesta especialidade de kickboxing. Despois
perde nunha axustada final ante David Casais (Kickboxing Poio), tamén membro da
Selección  Galega. O de Silleda suple un
a priori menor nivel técnico, con combates moi estudados e intelixentes.

A pesar de seguir resistíndoselles o  ouro os do Deza, pódense considerar uns
grandes resultados, e o que é moi importante, unha boa impresión de cara a
futuras competicións.
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario