“Campionato Galego de Kicklight 2016”. Participantes do Club Kickboxing Lalín.

O Club Kickboxing Lalín terá representación no “Campionato Galego de Kicklight” na que pode ser a última competición oficial da FDGK á que acudan os do Deza.

A representación correrá a cargo de David Gil Nogueira na categoría de 13-14-15 anos e +69 Kg e Manuel Cerqueiro Montoto na categoría de 19 a 40 anos e -69 Kg.

A competición terá lugar o sábado 3 de Decembro no Pavillón Municipal de Moraña, transcorrendo as eliminatorias a partir das 10:30 h. e as finais a partir das 17:00 h.

Os representantes do club lalinense esperan rubricar cuns bos resultados un gran ano  cheo de éxitos nas diferentes probas nas que participaron, aínda que será a primeira vez para os dous loitadores que participen en Kicklight.


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...