“Campionato Galego de Kicklight 2016". Resultados Club Kickboxing Lalín

Sorte dispar para os dous participantes do Club Kickboxing Lalín no Campionato Galego de Kicklight celebrado o pasado sábado na localidade pontevedresa de Moraña.
Manuel Cerqueiro Montoto, (+18 anos e -69 Kg.) apéase en oitavos nunha das categorías a priori máis difíciles da competición. Manuel non logra adaptarse ao 100% na súa primeira participación na proba de Kicklight e perde por moi pouca marxe nun igualado combate contra Rodrigo Fernández de Poio.


David Gil Nogueira (13-14-15 anos e +69 Kg.), tamén na súa primeira participación na proba de Kicklight, alcanza a final na que cae ante o local e campión nacional e internacional Carlos Nicolas Medranda do ABP. O de Moraña non dá opción ao lalinense que chega tocado nun xeonllo dun duro combate que disputa en semifinais.

 David Gil pecha o ano desta maneira cunha medalla de prata nun magnífico ano ao que hai que sumar ao subcampeonato en Kicklight conseguido en Moraña os títulos de Campión Galego en Point Fighting, Campión Galego de Lightcontact e  bronce no nacional de Point Fighting.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...