Campionato Galego de Light-Contact (01/04/2017). Resultados Club Kickboxing Lalín.

Dous integrantes do Club Kickboxing Lalín participaron o pasado 01/04/2017 no Campionato Galego de Kickboxing  na proba de Light-Contact. O evento, que contou coa presenza de máis de 200 competidores, tivo lugar no Pazo dos Deportes “Paco Paz” de Ourense.
David Gil Nogueira , categoría de 13-14-15 anos e +69 Kg. queda a portas de loitar por medalla e cae en cuartos contra Ismael Vázquez Sobrado do Full Karate Club Galaico, nun combate moi igualado, sendo dúas follas de puntuación arbitral desfavorables para David pola mínima e unha terceira que o daba como gañador.
A maior alegría para os lalinenses chega de mans de Manuel Cerqueiro Montoto, categoría de 19 a 40 anos e + de 69 Kg. , que logra de novo un subcampeonato galego, que se suma ao de Full-Contact logrado fai escasas xornadas.
Cerqueiro logra chegar ata a final, onde cae contra José Ramón Campos do Club Florida Gym, nunha discutible decisión arbitral, que mesmo chega a sorprender ao propio rival.

O próximo evento no que sexa probable a participación do Club Kickboxing Lalín sería no Campionato Galego na proba de Kicklight que se celebrará o 22 de Abril do presente na localidade coruñesa de Toques.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...