A “VII Gala do Deporte” do Concello de Lalín non foi unha gala máis. Foi a gala na que por primeira vez participou o “Club Kickoboxing Lalín”, e na que pasará á humilde historia do club como o primeiro evento no que recibe un premio. Ei de recordar, que aínda que a práctica do Kickboxing en Lalín remóntase a xa fai uns cantos anos, non foi ata Outubro do 2007 cando os deportistas practicantes de kickboxing en Lalín, deciden unirse para crear un club que se denominará "Club Kickboxing Lalín”. Este ano o premio recaeu sobre Enrique García, un premio moi merecido por infinidade de motivos, e que nos fai partícipes da alegría a todos os que temos algo que ver coa práctica deste deporte na Comarca do Deza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario