Resultados do Club Kickboxing Lalín no II Torneo de Kickboxing Cidade de Antioquia (28/05/2017).


O Club Kickboxing Lalín participa no II TORNEO DE KICKBOXING “CIDADE DE ANTIOQUÍA 2017” con moi bos resultados. O campionato celebrouse o pasado domingo 28 de maio con horario de mañá e tarde no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia.
David Gil Nogueira consegue a medalla de ouro na proba de Point Fighting e a medalla de prata na de proba de Light-Contact, ambas as na categoría de 13-14-15 anos e +69 Kg.
Doutra banda Manuel Cerqueiro Montoto alcanza a medalla de ouro na proba de Point-Fighting na categoría de +19 anos e -70 Kg.
A próxima cita para os de Lalín pode ser o próximo 18/06/2017 no Torneo de Light-Contact que se celebrará en Poio.

Participación do Club Kickboxing Lalín no II Torneo de Kickboxing Cidade de Antioquia (28/05/2017).

David Gil Nogueira e Manuel Cerqueiro Montoto do Club Kickboxing Lalín participarán este fin de semana no II TORNEO DE KICKBOXING “CIDADE DE ANTIOQUÍA 2017”. A competición terá lugar o domingo 28 de maio con horario de 10:30 h. á 14:00 h. e de 16:00 h. á 18:00 h. no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia.

Tanto David Gil, como Manuel Cerqueiro competirán nas probas de Light-Contact e Point Fighting; David na categoría de 14-15-16 anos e +60 Kg. e Manuel na categoría de +17 anos e -70 Kg.

9ª Edición Copa Deputación de Kickboxing de Ourense (13/05/2017)

DATA DE CELEBRACIÓN: 13 de maio de 2017

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Pabellón Municipal de Taboadela (Dirección Monte San Miguel - Taboadela- Ourense)
 
PROBAS:Light Contact, Point Fighting, No contact.
As 3 probas en todas as suas categorías e pesos.

PROGRAMACIÓN:  
9.30 h Recepción de equipas.
10.00 h Pesaxe.
11.00 h - 13.00 h. Eliminatorias
16:00 h: Semifinais e finais
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...