O Club Kickboxing
Lalín, a pesar de ausencias destacadas como a de David Gil, non volve de
valeiro do Campionato Galego de Kickboxing
Tatami Sports.
O Campionato disputábase ao longo da xornada do 22/02/2020
en horario de mañá e tarde e o domingo 23/02/2020 de mañá nas instalacións do
Pazo dous Deportes Paco Paz en Ourense.
Os deportistas dirixidos por Antonio Reboredo logran un
total de 5 medallas de 5 posibles tras un maratoniano campionato no que se
mediron 258 deportistas de 37 clubs das 4 provincias, segundo a organización.
A lista de preseas
conseguidas polo club dezano queda da seguinte forma:
Adrián Chorén
Sanmartín na categoría de 19 a 40 anos masculino e -79 Kg. consegue o bronce
en PointFighting, a prata en Lightcontact e o bronce en Kicklight. Un subcampeonato para o de Noceda, que demostra unha clara progresión
pero a pesar de atoparse cada vez máis cómodo en competición non remata de
definir os puntos.
Marcos Fernández Méndez
na categoría de 40 a 55 anos tamén masculino e -84 Kg. consegue o ouro
en Lightcontact e a prata en Kicklight. O de Forcarei afincado en Lalín
pasa a ser Campión Galego de Lightcontact
da súa categoría, nunha dura final dominada polo de Lalín contra Javier Manuel
Fernández Casas do Kickboxing Poio, e
que remata coa descualificación do adversario tras o continuo uso de técnicas
ilegais por parte do de Poio.
Ao campionato tamén se desprazaron dous integrantes do
Club kickboxing lalín, Ana María Taboada Brea e Beatriz Nóvoa
López, tanto en tarefas de apoio como de observación ante a posible inclusión
de ambas no equipo de competición que representará ao club en próximos eventos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario