Mostrando entradas con la etiqueta Galería. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galería. Mostrar todas las entradas

Resultado de Manuel Cerqueiro no Campionato Galego de Full-Contact (18/03/2017)

Gran actuación de Manuel Cerqueiro Montoto no Campionato Galego de Full-Contact celebrado o pasado sábado 18/03/2017 no pavillón ourensán dos Remedios. O púxil do Club Kickboxing Lalín pasa con nota alta na que sería a súa primeira participación en Ring Sports ou probas de contacto pleno. Cerqueiro logra o subcampeonato no peso Welter, ou o que é o mesmo,  en -67 Kg e +63,5 Kg.,  tras perder aos puntos na final contra Juan Rivera do Kickboxing Mos.
Os dous pasan á final tras a incomparecencia por causas descoñecidas dos seus rivais en semifinais, xogándose o campionato nun combate de tres asaltos de dous minutos cun minuto de descanso entre eles.
O primeiro asalto é gañado polo de Mos. M
áis rodado, con máis experiencia que Cerqueiro en Full-Contact logra alcanzar con mellor precisión as zonas de puntuación. Algunha decisión arbitral, máis en concreto do conta patadas, lastran ao de Moneixas condicionando en parte o final deste primeiro asalto e o principio do segundo.
No segundo asalto as cousas iguálanse. Nas cartolinas os puntos sería outra vez favorables para Rivera, pero por mínima marxe. As potentes técnicas lanzadas polo de Lalín, unido quizais a unha menor condición física, empezaban a notarse en Juan Rivera, que aínda que seguía cun alto ritmo ofensivo, empezábase a refuxiar no clinch.
No terceiro e último asalto as cousas tórnanse. Manuel Cerqueiro é o que puntua máis, tamén con pouca marxe. Os púxiles dano todo, pero o cansazo empézase a notar na efectividade das técnicas ofensivas e defensiva. O de Mos segue freando a continuidade de series de Cerqueiro con repetidos clinch, que en ocasións se podería considerar ilegais.

O de Lalín vese máis fresco no final do combate, pero non logra remontar a diferenza de puntos adquirida por Rivera nos anteriores asaltos. Quizais cuns segundos máis Cerqueiro fose capaz de dar a volta ao marcador.

“Campionato Galego de Kicklight 2016”. Participantes do Club Kickboxing Lalín.

O Club Kickboxing Lalín terá representación no “Campionato Galego de Kicklight” na que pode ser a última competición oficial da FDGK á que acudan os do Deza.

A representación correrá a cargo de David Gil Nogueira na categoría de 13-14-15 anos e +69 Kg e Manuel Cerqueiro Montoto na categoría de 19 a 40 anos e -69 Kg.

A competición terá lugar o sábado 3 de Decembro no Pavillón Municipal de Moraña, transcorrendo as eliminatorias a partir das 10:30 h. e as finais a partir das 17:00 h.

Os representantes do club lalinense esperan rubricar cuns bos resultados un gran ano  cheo de éxitos nas diferentes probas nas que participaron, aínda que será a primeira vez para os dous loitadores que participen en Kicklight.


Resultados do Club Kickboxing Lalín no “Campionato Galego de Kickboxing Light-Contact 2016”

Durante a xornada do 14 de Maio, celebrouse no impoñente Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela o Campionato Galego de Kickboxing Light-Contact da Federación Deportiva Galega de Kickboxing, onde se enfrontaron multitude de clubs chegados das catro provincias. Entre eles o Club Kickboxing Lalín con tres competidores.
Os resultados na competición foron os seguintes:
Noelia Ferreiro Reboredo, que competía en 13-14-15 anos e -65 Kg. feminino, logra a medalla de bronce caendo en semifinais contra Alejandra Vázquez do ITF Noia.
Marcos Fernández Méndez non logra escalar posicións e cae en cuartos da categoría de +17 anos e -79 Kg. masculino contra o duro rival Óscar Vázquez do Kickboxing Juancho.

A maior alegría para o club dezano chega de novo da man de David Gil Nogueira, en 10-11-12 anos e +47 Kg. masculino. O dezán vence a rivais de clubes de renome como Roi Vázquez da Escola Ayude de Melide, José Luís Casal do Kickboxing Poio, Ignacio Branco do ITF Noia, e remata a xornada conseguindo a medalla de ouro e o título de Campión Galego da proba de Light-Contact contra Tomás Vazquez do Kickboxing Juancho. O bravo dezán a escasas xornadas de cambiar á categoría de 13-14-15 anos, suma outro título máis tras conseguir tamén o Campionato Galego da proba Pointfighting e a medalla de bronce da mesma proba no Campionato de España da Federación Española de Kickboxing o pasado Abril en Salamanca.

Campeonato Gallego de Kickboxing Semi-Contact (07/06/2015). Galería fotográfica.


Campionato Gallego de Kickboxing Light-Contact (23/05/2015). Galería fotográfica.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...