O novo club está formado polos seguintes compoñentes:
-Presidente: Antonio Reboredo Presas
-Vicepresidente: Juan Carlos Fernández Camino
-Secretaria: Elena González Gómez
-Tesoureiro: Enrique García Abeledo
-Vocal: Jesús Pol Rey
O Mércores 16 de Xaneiro do 2008 o Club Kickboxing Lalín forma parte como club promotor da acta fundacional da Federación Galega de Kickboxing.
O 21 de Marzo do 2009 celébrase en Lalín o Campionato Galego Oficial de Kickboxing nas modalidades de Full-Contact, Low-Kick e Savate, sendo o primeiro evento destas características que se celebra non só en Lalín, se non que en toda a comarca do Deza. O campionato é celebrado no Centro Comercial Pontiñas, organizado pola Federación Galega de Kickboxing e D.A. e colaborando o Club Kickboxing Lalín e o Centro Comercial Pontiñas. A destacar a gran cantidade de público asistente ao evento.
(18/07/2009) O deportista dezano do "Club Kickboxing Lalín" Diego Hermida Villanueva "Midas", queda campeón da súa categoría da modalidade "LOW-KICK CONTROL CONTACT" no torneo "I Copa Deputación de Ourense de KicKboxing" que se celebrou o 18 de Xullo no pazo de deportes "Paco Paz" de Ourense.
Trátase dun momento moi especial por ser a primeira competición a que se presenta un deportista representando o "Club Kickboxing Lalín".
(22/01/2011) O Club Kickboxing Lalín participa no CAMPIONATO GALEGO OFICIAL DE KICKBOXING 2011(Semicontact, Lightcontact, Formas, Low-Kick Control Contac) -en VILA DE CRUCES no que o púxil Manuel Tato Espiño consegue un total de catro medallas repartidas da seguinte forma:
Pero os do Ferro´s Ximnasio non se amedrentaron. José Manuel Couto logra unha medalla de bronce tras unha discutible decisión arbitral. José Martín García unha medalla de prata nun combate épico que fixo levantar ao público dos asentos, no que tivo que decidirse o gañador tras un extra round debido á igualdade dos opoñentes. Jorge García protagoniza a sorpresa da xornada, conseguindo o único ouro para os lalinenses nunha boa final, non moi brillante, pero ben xestionada, na que non deixou traballar cómodamente ao oponente.
Ciprian Sarbu, a priori inscrito, foi baixa na competición.
(14/04/2012) Excelente a actuación dos deportistas dezanos do Club Kickboxing Lalín no “Campeonato Gallego Oficial” celebrado o pasado sábado en Pontevedra.
(22/01/2011) O Club Kickboxing Lalín participa no CAMPIONATO GALEGO OFICIAL DE KICKBOXING 2011(Semicontact, Lightcontact, Formas, Low-Kick Control Contac) -en VILA DE CRUCES no que o púxil Manuel Tato Espiño consegue un total de catro medallas repartidas da seguinte forma:
Light-Contact: Medalla de Ouro e Campión Galego ano 2011 en -75 Kg.
Semi-Contact: Medalla de Prata e Subcampión Galego ano 2011 -75 Kg.
Low-Kick Control Contact: Medalla de Bronce en -75 Kg.
Formas: Medalla de Bronce
Semi-Contact: Medalla de Prata e Subcampión Galego ano 2011 -75 Kg.
Low-Kick Control Contact: Medalla de Bronce en -75 Kg.
Formas: Medalla de Bronce
O outro dos dous representantes dezano, Johan David Rodríguez Martínez, consegue unha Medalla de Bronce na única categoría que se presenta, Semi-Contact -70 Kg, podendo ser os resultados aínda mellores de presentarse tamén a competir noutras modalidades.
(07/05/2011)Inmellorable actuación dos deportistas do Club Kickboxing Lalín na 3ª Copa Deputación de Ourense. Os dous loitadores lalinenses proclamáronse campións nas modalidades nas que se presentaron:
Ciprian Sarbú vence na modalidade de Light-Contact (-75 Kg), conseguindo a vitoria por unanimidade nos tres combates disputados.
Doutra banda José Manuel Couto Barros, proclámase campión na modalidade de Semi-Contact (-85 Kg) despois de remontar un 3 - 0 na final, quedando o marcador nun 3 - 5.
(21/05/2011) O Club Kickboxing Lalín participa na “1ª Copa Deputación de A Coruña” celebrada en Melide cos seguintes resultados: Jorge García González consegue un bronce na modalidade de Light-Contact, José Manuel Couto outro bronce pero na modalidade de Semicontact, e Martín García unha prata tamén en Semicontact.
(10/09/2011) O Club Kickboxing Lalín consegue tres medallas nunha nova competición do kickboxing amateur de ámbito autonómico. Nesta ocasión, no "2ª Trofeo de Kickboxing Vila de Rivadabia" disputado o pasado 10 de Setembro, na que participaron un total de setes clubs de toda Galicia. A pouca concorrencia de equipos na competición, e portando de competidores, debido á época pos vacacional na que se desenvolveu , obrigou á organización a reagrupar aos participantes en só dúas modalidades, e nalgúns casos, unindo varias categorías de peso. Este feito non favoreceu aos dezáns ao ter que cambiar dous do seu tres participantes, de modalidade na que estaban en principio inscritos, pasando a competir todos en Light-Contact.

Ciprian Sarbu, a priori inscrito, foi baixa na competición.

A casualidade fai que José Manuel Couto Barros enfróntese en cuartos de final tanto na modalidade de Semi-Contact como na de Light-Contact ao mesmo deportista, Marcos Alvarellos da “Escola Ayude” de Melide, deportista moi rodado e con varias participacións xa nos campionatos de España. Couto perde pola mínima nas dúas modalidades, póndollo difícil nos dous combates, pero sobre todo na modalidade de Semi-Contact na que perde pola mínima.

Jorge García González perde en Light-Contact en oitavos de final con Marcos Guerreiro do “Artes Marciais Bushido”, pero logra o Subcampeonato na modalidade de Semi-Contact nunha final disputada co seu compañeiro de equipo Manuel Tato Espiño.
Manuel Tato, por tanto proclámase “Campeón Gallego” na modalidade de Semi-Contact. Na modalidade de Light-Contact, na que a priori partía de favorito ao ser o gañador da edición anterior, non logra pasar dos cuartos de final ao claudicar tamén contra Marcos Guerreiro do “Artes Marciais Bushido”, sobre o que o de Vila de Cruces non logrou aplicar todo o seu potencial ofensivo nun duro combate. Con mellor sabor de boca queda na modalidade de Forms, na que Tato proclámase Subcampión Gallego nunha final disputada contra o deportista Miguel A. Vila, pontevedrés do “Odisea Sport”.

Santiago Uzal Sánchez enfróntase contra o tamén deportista das filas do “Odisea Sport” Óscar García, protagonizando un dos máis emocionantes e axustados combates da tarde, no que houbo que recorrer ao tempo extra e a posteriori á morte súbita para desfacer o desempate e os continuos cambios de líder. O pase a semifinais é logrado polo da cidade do Lérez.

José Martín García González protagoniza a sorpresa da xornada ao conseguir o “Campionato Gallego” na modalidade de Semi-Contact nunha final disputada contra José A. Díaz do “Asgard” cun combate ben estudado e con técnicas precisas, impóndose con claridade ao seu rival.
En resumo, o Club Kickboxing Lalín logra un total de dous “Campeonatos Gallegos” e dous “Subcampeonatos” e demostra un bo potencial de competición, en especial na espectacular modalidade do kickboxing amater de Semi-Contact, na que os deportistas dezanos Manuel Tato Espiño e José Martín García González saen con moitas posibilidades de integrarse na selección galega e participar no próximo campeonato oficial de España da “Federación Española de Kickboxing (FEK)”.

(13/05/2012) O Club Kickboxing Lalín viaxa a terras coruñesas para participar no “1er Campeonato de San Sadurniño” que se celebrará o Domingo pola tarde a partir das 16:30 horas en exclusiva na modalidade de Light-Contact.
Tres serán os deportistas que representarán ao club dezano do Ferro`s Ximnasio: José Martín García González (en +85 Kg), Santiago Uzál Sánchez (en - 75 Kg) e Matías Dabobe Da Luz (en -65 Kg).
No caso de Matías Dabobe, sería a primeira vez que compite, mentres que tanto José Martín como Santiago veñen de realizar recentemente un gran papel no Campeonato Galego na modalidade de Semi-Contact.
(30/06/2012) Catro serán os participantes do “Club Kickboxing Lalín” na “2ª Copa Deputación da Coruña”, que terá lugar na localidade de Melide o Sábado día 30/06/2012 no Pavillón Municipal a partir das 16:30 horas, organizado pola “Escola Ayude” de Melide.
José Martín García González, actual “Campión Galego” pola FGK na modalidade de “Semi-Contact”, participará na modalidade de “Low-Kick Control-Contact” na categoría de +95 Kg.
Matías Dabobe Da Luz, tras un bo debut en competición no “1er Campionato de San Sadurniño” en “Light-Contact”, estrearase na modalidade de “Semi-Contact” na categoría de -65 Kg .
José Manuel Couto Barros competirá na modalidade de Semi-Contact na categoría de -75 Kg.
Belén García Penerbosa, que debutará en competición, participará na Modalidade de Semi-Contact na categoría de -75 Kg.
A destacar a participación desta última deportista, que pasa por ser a primeira representante feminina do “Club kickboxing Lalín” en competición, que a pesar da súa mocidade, 17 anos, é unha das practicantes máis veteranas dos deportistas do club lalinense, cunha gran proxección de futuro en competición e calidade técnica, que fai soñar con títulos importantes para a comarca en futuras competicións de calquera das modalidades do kickboxing.

Ningún ouro para o equipo dezano na “2ª Copa Deputación de A Coruña”, celebrada en Melide o pasado sábado día 30/06/2012, pero ningún dos competidores regresaron de valeiro.
José Martín García González lograr o bronce na modalidade de “Low-Kick Control-Contact” na categoría de +95 Kg; modalidade na que debuta.
Matías Dabobe Da Luz, logra a prata na súa estrea na modalidade de “Semi-Contact”, en -65 Kg , perdendo na final por un axustado 4 a 3.
José Manuel Couto Barros, que compite igualmente na modalidade de “Semi-Contact” pero na categoría de -75 Kg realiza uns grandes combates pero o esforzo realizado non se reflicte no resultado final, logrando alcanzar só a prata.
Belén García Penerbosa, logra igualmente a prata en Semi-Contact, categoría de -75 Kg,no seu debut en competición. Perde na final contra Cora Ayude, da “Escola Ayude” de Melide, unha deportista moi experimentada en competición, con numerosas medallas a nivel nacional.
A desvantaxe psicolóxica de enfrontarse a unha deportista local e moi experimentada, afecta negativamente a púxil de Rodeiro do “Club Kickboxing Lalín” non logrando despregar totalmente o seu potencial ofensivo, pero deixando moi boas sensacións de cara a futuras competicións.
Resumindo: un total de 3 medallas de prata e unha de bronce para os catros púxiles dezanos, nun torneo en que a maioría dos do club lalinense debutaban nas súas respectivas modalidades, mesmo nalgún caso, debutando en competición.
(06/07/2013) Os dous representantes do Club Kickboxing Lalín que participaron na “5ª Copa Deputación de Ourense” logran medallas.
Por unha banda José Martín García logra o bronce na modalidade de Light-Contact, ao apearse en semifinais nun combate no que o rival, aínda non sendo claramente superior, non deixou traballar comodamente ao dezán, que non lograba puntuar con claridade.
Ciprian Sarbu, igualmente na modalidade de
Light-Contact, non logra pór a guinda nunha final moi igualada e queda coa
prata despois de lograr o pase cunha magnífica actuación.
(07/12/2013) O Club Kickboxing Lalín participou no “Campeonato Gallego de Kickboxing 2013”con tres competidores, todos na modalidade de “Light-Contact”, pero en diferentes categorías de peso. Manuel Bardelás Palmou, en -75 Kg; Ciprián Sarbu en -85 Kg e José Martín García González en +90 Kg. O
Campionato, organizado pola “Federación Gallega de Kickboxing e DDAA” xunto á “Fundación
Cipri Gomes” celebrouse este ano en Expourense (Ourense) coincidindo co “Megaxoven”,
no que participaron numerosos clubs de diferentes puntos da comunidade
autónoma.
Os dous veteranos do club, José Martín e Ciprián, conseguen ambos a medalla de prata nas súas respectivas
categorías.
O debutante na competición galega, Manuel, a medalla de ouro e proclamase “Campeón Gallego
de Light-Contact da FGK”.
(23/05/2015) Modestos pero esperables os resultados do Club Kickboxing Lalín no Campionato Gallego de Kickboxing, especialidade Light-Contact, que se celebrou o pasado 23 de Maio en Portonovo (Sanxenxo). Un campionato maratoniano no que os preto de 200 competidores, e ao redor de 150 combates, fixeron alargar a competición desde as 15:30 horas do inicio da pesada até roldar a media noite.
José Martín García González (+17 anos masculino e +90 Kg), o
máis veterano do equipo, e que posiblemente se atope ante o seu último ano en
competición, logra o 2º posto da súa categoría.
(23/05/2015) Modestos pero esperables os resultados do Club Kickboxing Lalín no Campionato Gallego de Kickboxing, especialidade Light-Contact, que se celebrou o pasado 23 de Maio en Portonovo (Sanxenxo). Un campionato maratoniano no que os preto de 200 competidores, e ao redor de 150 combates, fixeron alargar a competición desde as 15:30 horas do inicio da pesada até roldar a media noite.
O seis representantes do Deza, dos que catro se estreaban en
competición, conseguen un total de tres medallas, dúas de bronce e unha prata.

José Manuel Couto Barros (+17 anos masculino e -85 Kg) non
consegue pasar de semifinais. O outro veterano do equipo consegue o 3º posto da
súa categoría.
Luís Segade Penela (+17 anos masculino e -90 Kg),
protagoniza a sorpresa da xornada e logra coarse en semifinais. O de Silleda
logra un meritorio 3º posto da súa categoría.
Alejandro Calvo Soto (+17 anos masculino e -75 Kg), Manuel
Cerqueiro Montoto (+17 anos masculino e -65 Kg) e David Gil Nogueira (11-13
anos masculino e -70 Kg), non logran escalar nas eliminatorias. A falta de
experiencia, unida nalgúns casos a unhas discutibles decisións arbitrais, que puideron inclinar a balanza á beira
contraria e a falta de iniciativa en ataque noutros, fai que unha boa
participación non se vexa reflectida nos resultados, pero que convida a soñar
con futuros logros.
(07/06/2015) O Club Kickboxing Lalín logra un total de 6 medallas, 2 de prata e 4 de bronce, no Campionato Galego de Kickboxing especialidade Semi-Contact celebrado o pasado 7 de Xuño en Noia. Mellora deste xeito os resultados conseguidos no Galego de Light-Contact, no que conseguiron un total de 4 medallas (1 de prata e 3 de bronce).
(05/12/2015) O Club Kickboxing Lalín pon a guinda a un bo ano cunha gran actuación na III Copa Deputación da Coruña de Kickboxing, celebrada o 05/12/2015 en Visantoña, concello de Santiso na proba de Lightcontact.
Os cinco competidores do club lalinense logran outras tantas medallas nas súas respectivas categorías que se reparten da seguinte forma:
• Noelia Ferreiro Reboredo prata en feminino 11-12-13 anos e +50 Kg.
• David Gil Nogueira prata en masculino 11-12-13 anos e +60 Kg.
• Manuel Cerqueiro Montoto ouro en masculino +17 anos e -65 Kg.
• Alejandro Calvo Soto bronce en masculino +17 anos e -75 Kg.
• José Martín García González prata en masculino +17 anos e +85 Kg.
Os éxitos da expedición lalinense non quedan aí. A Noelia Ferreiro Reboredo élle outorgado o premio á “Mellor competidora infantil feminina III Copa Deputación de A Coruña” e a Manuel Cerqueiro Montoto ao “Mellor competidor senior masculino III Copa Deputación de A Coruña”.
(07/06/2015) O Club Kickboxing Lalín logra un total de 6 medallas, 2 de prata e 4 de bronce, no Campionato Galego de Kickboxing especialidade Semi-Contact celebrado o pasado 7 de Xuño en Noia. Mellora deste xeito os resultados conseguidos no Galego de Light-Contact, no que conseguiron un total de 4 medallas (1 de prata e 3 de bronce).
A actuación do equipo dezano resúmese da forma seguinte:
Noelia Ferreiro Reboredo, que compite en categoría 11-13
anos feminino e +50 Kg, unha das categorías máis numerosas da competición, non
logra escalar ao pódium na súa estrea como competidora, e apéase en cuartos de
final.
David Gil Nogueira (categoría 11-13 anos masculino e +55
Kg) logra a súa segunda medalla de
bronce do ano, nunha boa actuación, sentíndose máis cómodo que na especialidade
de Light-Contact.
Manuel Cerqueiro Montoto (categoría +17 anos masculino e -65
Kg) e Alejandro Calvo Soto (categoría +17 anos masculino e -75 Kg), estréanse
no medalleiro logrando ambos a medalla de bronce nas súas respectivas
categorías.
José Manuel Couto Barros (categoría +17 anos masculino e -85
Kg.) e José Martín García González (categoría +17 anos masculino e +90 Kg.)
repiten os resultados conseguidos na especialidade de Light-Contact. Os dous
veteranos
competidores lalinenses logran a medalla de bronce e de prata
respectivamente. José Martín García
González non alcanza o ouro nunha dura final, na que mesmo tivo que ser
atendido polo cadro médico da competición.
A actuación máis destacable foi de mans de Luís Segade
Penela (categoría +17 anos masculino e -90 Kg.). Vence en semifinais a Arón Ayude
(Escola de Kickboxing Axude de Melide),
varias veces medallista a nivel nacional en diferentes especialidades do
kickboxing e Campión de España (FEK) nesta especialidade de kickboxing. Despois
perde nunha axustada final ante David Casais (Kickboxing Poio), tamén membro da
Selección Galega. O de Silleda suple un
a priori menor nivel técnico, con combates moi estudados e intelixentes.
A pesar de seguir resistíndoselles o ouro os do Deza, pódense considerar uns
grandes resultados, e o que é moi importante, unha boa impresión de cara a
futuras competicións.
(03/12/2015) Por unanimidade dos socios acórdase a elección da Directiva do Club Kickboxing Lalín nas seguintes persoas:
-Presidente: Don Antonio Reboredo Presas
-Vicepresidente: Don Carlos Fernández Rodríguez
-Secretaria: Dona María Isabel Penalta García
-Tesoureiro: Don Enrique García Abeledo
-Vocal: Don José Martín García González
(03/12/2015) Por unanimidade dos socios acórdase a elección da Directiva do Club Kickboxing Lalín nas seguintes persoas:
-Presidente: Don Antonio Reboredo Presas
-Vicepresidente: Don Carlos Fernández Rodríguez
-Secretaria: Dona María Isabel Penalta García
-Tesoureiro: Don Enrique García Abeledo
-Vocal: Don José Martín García González
(05/12/2015) O Club Kickboxing Lalín pon a guinda a un bo ano cunha gran actuación na III Copa Deputación da Coruña de Kickboxing, celebrada o 05/12/2015 en Visantoña, concello de Santiso na proba de Lightcontact.

• Noelia Ferreiro Reboredo prata en feminino 11-12-13 anos e +50 Kg.
• David Gil Nogueira prata en masculino 11-12-13 anos e +60 Kg.
• Manuel Cerqueiro Montoto ouro en masculino +17 anos e -65 Kg.
• Alejandro Calvo Soto bronce en masculino +17 anos e -75 Kg.
• José Martín García González prata en masculino +17 anos e +85 Kg.
Os éxitos da expedición lalinense non quedan aí. A Noelia Ferreiro Reboredo élle outorgado o premio á “Mellor competidora infantil feminina III Copa Deputación de A Coruña” e a Manuel Cerqueiro Montoto ao “Mellor competidor senior masculino III Copa Deputación de A Coruña”.

Na categoría de +19 anos e -69 Kg. Manuel Cerqueiro Montoto,
tras clasificarse para a final, logra o segundo posto, ou o que é o mesmo, o
subcampeonato galego.
O outro competidor do Club Lalinense, Marcos Fernández
Méndez, +19 anos e -84 Kg. non logra escalar nas eliminatorias na súa estrea
como competidor e cae contra o varias veces medallista en competicións
autonómicas e nacionais e veterano competidor Francisco Javier Iglesias Lage do
Club Estudio A Valenza.
O Campionato Galego de Kickboxing Point Figthing 2016,
celebrouse na localidade coruñesa de Arzúa o pasado 28/02/2016, no que se deron
cita preto de 200 participantes repartidos en diferentes categorías de idade e
peso.
O Point Figthing, antes denominado como Semi-Contact, é unha
proba que se engloba dentro das especialidades de tatami da modalidade
deportiva de Kickboxing.



No campionato, organizado pola Federación Española de
Kickboxing durante o 22, 23 y 24 de Abril en Salamanca, medíronse uns 700
deportista de todo o ámbito nacional nas probas de Formas Libres, Point
Figthing (antes denominado Semi-Contact), Ligth-Contact e Full-Contact.
O deportista do Club Kickboxing Lalín participaba na proba
de Point Figthing e na categoría de 10-11-12 anos e máis de 47 Kg.,
representando á Federación Deportiva Gallega de Kickboxing, proba e categoría
na que é o actual Campión Galego.
O total de trofeos conseguidos por todos os membros da selección
galega foi de 28 ouros, 20 pratas e 19 bronces, posicionándose Galicia como una
das potencias do Kickboxing nacional.
A próxima cita para David Gil e resto de competidores do
Club Kickboxing Lalín, será o Campionato Galego de Ligth-Contact, unha das
probas de Tatami Sports dentro do Kickboxing, que se celebrará o 14 de Maio na
capital galega.
(14/05/2016)
(14/05/2016)

Os resultados na competición foron os seguintes:
Noelia Ferreiro Reboredo, que competía en 13-14-15 anos e
-65 Kg. feminino, logra a medalla de bronce caendo en semifinais contra
Alejandra Vázquez do ITF Noia.


(04/06/2016)

Formaron parte do equipo do Deza David Gil Nogueira en
13-14-15 anos masculino e +69 Kg. Manuel Cerqueiro Montoto en de 19 a 40 anos
masculino e -69 Kg. e Marcos Fernández Méndez en de 19 a 40 anos masculino e
-84 Kg. Os tres participaron nas probas de Point Fighting e Light-Contact.

Uns bos resultados, pero con certa sensación de que podían
ser mellores, sobre todo na proba de Point Fighting, nalgún caso por
discutibles decisións arbitrais, noutros por non saír bos combates.
De todos os xeitos un gran campo de adestramento para afrontar competicións de maior calado, ou como no caso de David Gil, para ir tomando contacto cunha nova categoría.
(03/12/2016) Sorte dispar para os dous participantes do Club Kickboxing Lalín no Campionato Galego de Kicklight celebrado o pasado sábado na localidade pontevedresa de Moraña.


David Gil Nogueira (13-14-15 anos e +69 Kg.), tamén na súa
primeira participación na proba de Kicklight, alcanza a final na que cae ante o
local e campión nacional e internacional Carlos Nicolas Medranda do ABP. O de
Moraña non dá opción ao lalinense que chega tocado nun xeonllo dun duro combate
que disputa en semifinais.
David Gil pecha o ano
desta maneira cunha medalla de prata nun magnífico ano ao que hai que sumar ao
subcampeonato en Kicklight conseguido en Moraña os títulos de Campión Galego en
Point Fighting, Campión Galego de Lightcontact e bronce no nacional de Point Fighting.

As preseas foron conseguidas por David Gil Nogueira na
categoría de 13-14-15 anos masculino e
+69 Kg. e por Manuel Cerqueiro Montoto na categoría de 19 a 40 anos masculino e
-69 Kg.
A próxima cita para os lalinense probablemente sexa na proba
de Full-Contact, onde Manuel
Cerqueiro estrearíase no Campionato Galego desta proba de ring e de pleno contacto.
O Campionato Galego de Full-Contact está previsto se
dispuste en Ourense o próximo 18 de Marzo.
(18/03/2017) Gran actuación de Manuel Cerqueiro Montoto no Campionato
Galego de Full-Contact celebrado o pasado sábado 18/03/2017 no pavillón
ourensán dos Remedios. O púxil do Club Kickboxing Lalín pasa con nota alta na
que sería a súa primeira participación en Ring Sports ou probas de contacto
pleno. Cerqueiro logra o subcampeonato no peso Welter, ou o que é o mesmo, en -67 Kg e +63,5 Kg., tras perder aos puntos na final contra Juan
Rivera do Kickboxing Mos.
Os dous pasan á final tras a incomparecencia por causas
descoñecidas dos seus rivais en semifinais, xogándose o campionato nun combate
de tres asaltos de dous minutos cun minuto de descanso entre eles.
O primeiro asalto é gañado polo de Mos. M
áis rodado, con
máis experiencia que Cerqueiro en Full-Contact logra alcanzar con mellor
precisión as zonas de puntuación. Algunha decisión arbitral, máis en concreto
do conta patadas, lastran ao de Moneixas condicionando en parte o final deste
primeiro asalto e o principio do segundo.
No segundo asalto as cousas iguálanse. Nas cartolinas os
puntos sería outra vez favorables para Rivera, pero por mínima marxe. As
potentes técnicas lanzadas polo de Lalín, unido quizais a unha menor condición
física, empezaban a notarse en Juan Rivera, que aínda que seguía cun alto ritmo
ofensivo, empezábase a refuxiar no clinch.
No terceiro e último asalto as cousas tórnanse. Manuel
Cerqueiro é o que puntua máis, tamén con pouca marxe. Os púxiles dano todo,
pero o cansazo empézase a notar na efectividade das técnicas ofensivas e
defensiva. O de Mos segue freando a continuidade de series de Cerqueiro con
repetidos clinch, que en ocasións se podería considerar ilegais.
O de Lalín vese máis fresco no final do combate, pero non
logra remontar a diferenza de puntos adquirida por Rivera nos anteriores
asaltos. Quizais cuns segundos máis Cerqueiro fose capaz de dar a volta ao
marcador.

David Gil Nogueira , categoría de 13-14-15 anos e +69 Kg.
queda a portas de loitar por medalla e cae en cuartos contra Ismael Vázquez
Sobrado do Full Karate Club Galaico, nun combate moi igualado, sendo dúas
follas de puntuación arbitral desfavorables para David pola mínima e unha
terceira que o daba como gañador.
A maior alegría para os lalinenses chega de mans de Manuel
Cerqueiro Montoto, categoría de 19 a 40 anos e + de 69 Kg. , que logra de novo
un subcampeonato galego, que se suma ao de Full-Contact logrado fai escasas
xornadas.
Cerqueiro logra chegar ata a final, onde cae contra José
Ramón Campos do Club Florida Gym, nunha discutible decisión arbitral, que mesmo
chega a sorprender ao propio rival.
(28/05/2017)
O Club Kickboxing Lalín participa no II TORNEO DE KICKBOXING
“CIDADE DE ANTIOQUÍA 2017” con moi bos resultados. O campionato celebrouse o
pasado domingo 28 de maio con horario de mañá e tarde no Pavillón Municipal de
Xinzo de Limia.
David Gil Nogueira consegue a medalla de ouro na proba de
Point Fighting e a medalla de prata na de proba de Light-Contact, ambas as na
categoría de 13-14-15 anos e +69 Kg.
Doutra banda Manuel Cerqueiro Montoto alcanza a medalla de
ouro na proba de Point-Fighting na categoría de +19 anos e -70 Kg.
(04/02/2018)

![]() |
Manuel Cerqueiro, David Gil e Marcos Fernández. |
(17/02/2018) As previsións non
fallan, e a proba de Kickboxing Tatami Sports de Pointfighting volve ser unha
categoría talismán para o Club Kickboxing Lalín. O Campeonato Galego de
Kickboxing Pointfighting celebrouse de man da Federación Deportiva Gallega de
Kickboxing o pasado 17 de Febreiro en
Marín.
Os tres representantes
do Deza conseguen acceder ao pódium nas súas respectivas categorías, pero con
diferente sorte para cada un deles:
Marcos Fernández Méndez
alcanza o bronce no seu adeus ás competicións oficiais sénior, xa que
proximamente cumprirá os 41 anos, conseguindo un meritorio resultado na
categoría sénior masculino e -79 Kg. O de Forcarei alcanza o seu obxectivo de
subir ao pódium no seu combate de despedida, e lógrao competindo nunha
categoría con loitadores de gran nivel e mocidade.
Manuel Cerqueiro
Montoto, na categoría senior masculino e -69 Kg. queda a portas do título
autonómico, e igual que o ano pasado acariña a medalla de ouro nunha
disputadísima final, na que mesmo foi necesario recorrer ao extra round para
desfacer o desempate tras finalizar os dous asaltos regulamentarios. Máis que
merecida medalla de prata para o de Moneixas, que compite na súa categoría
natural tras paso atrás da Federación de unila coa de -74 Kg.
A
maior ledicia veu da man de David Gil Nogueira, na categoría de 13-14-15 anos
Masculino e +69 Kg., que logra o ouro da categoría e convértese por segundad
vez en Campión Galego de Pointfighting tras o campionato conseguido no 2016,
pero na categoría de 10-11-12 anos e +47 Kg. Deste xeito o de Lalín clasifícase
para o Campionato de España de Tatami Sport na proba de Pointfighting,
campionato que se ten previsto disputar na localidade pontevedresa de Marín os
próximos 11, 12 e 13 de Maio.(17/03/2018)
Manuel Cerqueiro Montoto consegue a medalla de bronce na categoría sénior de -67 Kg., unha das máis concorridas, no Campionato Galego de Fullcontact. Este torneo de Ring Sports celebrouse o pasado sábado 17 de Marzo na localidade pontevedresa de Mos. O púxil do Club Kickboxing Lalín gaña no primeiro cruzamento aos puntos ao loitador local Alberto Simón Alonso. O de Moneixas toma vantaxe tras a segunda penalización ao de Mos por continuas entradas en clinch ilegal, que fai impóñase no último asalto, non sen acusar un sebero desgaste. Sen apenas tempo de recuperación, enfróntase a Daniel Georgescu de Cedeira, que chega fresco tras a incomparecencia do seu cruzamento en cuartos, Fernando Rico Segurola da Mariña. Georgescu non dá opcións ao de Moneixas, que cae en semifinais tocado nunha cadeira. Espérase unha total recuperación de Cerqueiro para disputar o Galego de Kicklight en Moraña o vindeiro sábado 24 de Marzo. Acompañarán a Cerqueiro nesta proba, esta vez de Tatami Sport, David Gil Nogueira na categoría de 13-15 anos masculino e +69 Kg. e Adrián Chorén Sanmartín na categoría de 19-40 anos masculino e -79 Kg . Manuel Cerqueiro particitará na categoría de 19-40 anos masculino e -69 Kg.

O do Club Kickboxing Lalín, actual campión galego na proba de Pointfighting, representaba a Galicia nesta mesma proba, e facíao na categoría de 13 a 15 anos e +69 Kg.
O campionato disputouse o pasado fin de semana na localidade pontevedresa de Marín. Ata alí desprazáronse ao redor de 800 deportistas chegados de todo o país representando ás súas comunidades autónomas.
O de Lalín tras unha xornada de sábado espectacular, clasifícasepara semifinais, que se disputarían na xornada de domingo, xornada nefasta para David Gil, que non logra disputar a final.
De todos os xeitos logra unha meritoria medalla de bronce, e unha gran experiencia para futuras competicións.
(6-7/04/2019):
(6-7/04/2019):
![]() |
Na fotografía de esquerda a dereita: Antonio Reboredo Presas, Adrián Chorén Sanmartín, David Gil Nogueira, Hugo García Requeijo, Rebeca Bartolomeu Amores e Marcos Fernández Méndez |
A
pasada fin de semana catro integrantes do Club
Kickboxing Lalín participaron no Campionato Galego de Tatami
Sports 2019, celebrado nas instalacións de Expourense (Ourense), no que a Federación
Deportiva Galega de Kickboxing decidiu
unificar nas dúas xornadas da fin de semana as probas de Pointfighting, Lightcontact e Kicklight.
O
evento contou coa participación de 223 competidores de 16 clubs deportivos,
realizándose uns 380 combates. O maratoniano campionato necesitou o uso de
4 tatamis, unha quincena de xuíces,
unhas instalacións acordes e unha organización impecable por parte da
Federación, pasada con nota.
Os
resultados dos do Deza pódense considerar de moi bos e optimistas de cara a
novos eventos dada a igualdade mostrada en moitos combates, perdendo en moitos
casos por unha puntuación mínima:
• Adrián
Chorén Sanmartín na categoría de 19/40 anos masculina e -79 Kg.:
Pointfighting: 3º clasificado.
Lightcontact: Cae en oitavos de final.
Kicklight: 2º clasificado e subcampión galego.
Vese unha gran progresión do de Noceda desde o ano pasado, que foi o ano do
seu debut.
• David Gil Nogueira na categoría de
13/14/15 anos masculina e +69 Kg.
Pointfighting: 1º clasificado e Campión
Galego
Lightcontact: 3º clasificado. Cae en cuartos nun ajustadísimo combate no que se podería
considerar unha final anticipada.
Kicklight: 1º clasificado e Campión Galego
David repite os resultados do ano pasado
en Pointfighting e Lightcontact, pero
consegue o campionato en Kicklight,
proba na que o ano pasado quedou segundo.
Desta forma David está entre os deportistas
máis laureados do torneo, e a pesar da súa idade é o integrante do Club Kickboxing Lalín con máis Campionatos Galegos
conseguidos ata o momento.
Estes resultados favorecerían a súa posible
integración na selección galega que participará no Campionato de España que
terá lugar do 9 ao 12 de Maio en Guadalaxara.
• Hugo García Requeijo na categoría de 13/14/15 anos
masculina e -57 Kg.
Pointfighting: Cae en oitavos de final.
Lightcontact: Cae en oitavos de final.
Hugo non logra escalar ata as posicións de
medalla en ningunha das dúas probas na que se presenta na súa competición de
debut, circunstancia á que hai que sumar a mala sorte no sorteo de cuadrantes e
a de estar nunha das categorías de peso e idade máis competitivas do torneo.
Pese a iso fai unha magnífica participación e logra aguantar o tipo fronte a
mozos moi rodados e referencias do kickboxing galego.
• Rebeca Bartolomé Amores na categoría de
19/40 anos feminina -65 Kg. e -70 Kg.
Pointfighting: 3ª clasificada.
Lightcontact: 2ª clasificada e Subcampioa Galega.
Kicklight: 2ª clasificada e Subcampioa Galega.
A natural de Salamanca afincada en Lalín,
tamén debutante, por problemas organizativos debe participar en -70 Kg. nas
probas de Pointfighting e Kicklight, e non na súa categoría natural de
-65 Kg.
A pesar diso e a atopar a duras, e nalgún
caso rudas rivais, non se amedrenta e logra pasar con nota a súa participación
debut.
O
equipo foi asistido na esquina polo técnico Antonio Reboredo Presas no seu
décimo ano como adestrador e polo auxiliar Marcos Fernández Méndez.
Tamén
outro integrante do Club kickboxing
Lalín, José Martín García González, foi
convocado polo Departamento de Arbitraxe da
FDGK para formar parte do corpo arbitral no evento.
(08/06/2019) Notable actuación do Club Kickboxing Lalín na 3ª edición do Trofeo Cidade de Antioquia 2019, que se disputou o pasado 8 de Xuño no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia (Ourense). O evento levouse a cabo nas probas de Lightcontact e Point Fighting, tanto en feminino como en masculino, e foi a 4ª xornada puntuable para a liga Galega de Tatami Sport 2019.
• Adrián Chorén Sanmartín medalla de prata en Point Fighting e en Lightcontact ( +19 anos masculino e -79 Kg.).
• David Gil Nogueira medalla de ouro en Point Fighting e en Lightcontact (16-18 anos masculino e +94 Kg.). O actual campión galego das probas de Point Fighting e Kicklight en 13-15 anos estreábase en nova categoría de idade.
• Hugo García Requeijo medalla de prata en Point Fighting e en Lightcontact (13-15 anos masculino e -63 Kg.).
• Marcos Fernández Méndez medalla de prata en Point Fighting e bronce en Lightcontact (+41 anos masculino e -84 Kg.). Marcos estreábase na categoría de Masterclass na súa volta a unha competición oficial.
• Rebeca Bartolomé Amores medalla de prata en Point Fighting e en Lightcontact ( +19 anos feminino e -70 Kg.).
22/02/2020:
O Club Kickboxing
Lalín, a pesar de ausencias destacadas como a de David Gil, non volve de
valeiro do Campionato Galego de Kickboxing
Tatami Sports.
O Campionato disputábase ao longo da xornada do 22/02/2020
en horario de mañá e tarde e o domingo 23/02/2020 de mañá nas instalacións do
Pazo dous Deportes Paco Paz en Ourense.
Os deportistas dirixidos por Antonio Reboredo logran un
total de 5 medallas de 5 posibles tras un maratoniano campionato no que se
mediron 258 deportistas de 37 clubs das 4 provincias, segundo a organización.
A lista de preseas
conseguidas polo club dezano queda da seguinte forma:
Adrián Chorén
Sanmartín na categoría de 19 a 40 anos masculino e -79 Kg. consegue o bronce
en PointFighting, a prata en Lightcontact e o bronce en Kicklight. Un subcampeonato para o de Noceda, que demostra unha clara progresión
pero a pesar de atoparse cada vez máis cómodo en competición non remata de
definir os puntos.
Marcos Fernández Méndez
na categoría de 40 a 55 anos tamén masculino e -84 Kg. consegue o ouro
en Lightcontact e a prata en Kicklight. O de Forcarei afincado en Lalín
pasa a ser Campión Galego de Lightcontact
da súa categoría, nunha dura final dominada polo de Lalín contra Javier Manuel
Fernández Casas do Kickboxing Poio, e
que remata coa descualificación do adversario tras o continuo uso de técnicas
ilegais por parte do de Poio.
Ao campionato tamén se desprazaron dous integrantes do
Club kickboxing lalín, Ana María Taboada Brea e Beatriz Nóvoa
López, tanto en tarefas de apoio como de observación ante a posible inclusión
de ambas no equipo de competición que representará ao club en próximos eventos.