Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS. Mostrar todas las entradas

Hasta novo aviso estamos sin actividade.



Hasta novo aviso estamos sin actividade. Calquer cambio anunciarémolo polas redes sociales.

Grazas e disculpen as molestias.

Resultados do Club Kickboxing Lalín no Campionato Galego de Kickboxing Tatatami Sports 2020


O Club  Kickboxing Lalín, a pesar de ausencias destacadas como a de David Gil, non volve de valeiro  do Campionato Galego de  Kickboxing  Tatami  Sports.
O Campionato disputábase ao longo da xornada do 22/02/2020 en horario de mañá e tarde e o domingo 23/02/2020 de mañá nas instalacións do Pazo dous Deportes Paco Paz en Ourense.
Os deportistas dirixidos por Antonio Reboredo logran un total de 5 medallas de 5 posibles tras un maratoniano campionato no que se mediron 258 deportistas de 37 clubs das 4 provincias, segundo a organización.
A lista de  preseas conseguidas polo club dezano queda da seguinte forma:
Adrián  Chorén Sanmartín na categoría de 19 a 40 anos masculino e -79 Kg. consegue o bronce en  PointFighting, a prata en  Lightcontact e o bronce en  Kicklight. Un subcampeonato para o de  Noceda, que demostra unha clara progresión pero a pesar de atoparse cada vez máis cómodo en competición non remata de definir os puntos.
Marcos Fernández Méndez  na categoría de 40 a 55 anos tamén masculino e -84 Kg. consegue o ouro en  Lightcontact e a prata en  Kicklight. O de Forcarei afincado en Lalín pasa a ser Campión Galego de  Lightcontact da súa categoría, nunha dura final dominada polo de Lalín contra Javier Manuel Fernández Casas do  Kickboxing Poio, e que remata coa descualificación do adversario tras o continuo uso de técnicas ilegais por parte do de Poio.
Ao campionato tamén se desprazaron dous integrantes do Club  kickboxing  lalín, Ana María Taboada Brea e Beatriz Nóvoa López, tanto en tarefas de apoio como de observación ante a posible inclusión de ambas no equipo de competición que representará ao club en próximos eventos.

Entrega de cintos 11/09/2019



O Club  Kickboxing Lalín comeza as súas actividades no  Ferro´ s  Ximnasio despois dun parón durante o mes de Agosto, e faio coa entrega de cintos aos aprobados no exame realizado o pasado 29 de Xuño en Arcade, de mans do director técnico Lito Álvarez e do adestrador do club dezano Antonio Reboredo. Os novos cintos acadados polos do Club  Kickboxing Lalín son os seguintes:

•                    Adrián  Chorén Sanmartín: Laranxa.
•                    Beatríz Nóvoa López: Amarelo.
•                    David Gil Nogueira: Azul.
•                    Hugo García Requeijo: Amarelo.
•                    Marcos Fernández Méndez: Azul.
•                    María José Taboada  Lousado: Azul.
•                    Rebeca Bartolomé Amores: Laranxa.

A orde de grao de cinto é o común a moitas artes marciais, sendo de menor a maior: Blanco, amarelo, laranxa, verde, azul e marrón. Despois do marrón pasaríase ao negro e os seus respectivos dan (Negro 1º Dan, Negro 2º Dan,…).
Tanto o director técnico, Lito Álvarez, como o adestrador do club, Antonio Reboredo, destacaron o gran nivel presentado no exame polos deportistas lalinenses de acordo co cinto ao que optaban.

Resultados na 3ª edición do Trofeo Cidade de Antioquia 2019.

 Notable actuación do Club  Kickboxing Lalín na 3ª edición do Trofeo  Cidade de  Antioquia 2019, que se disputou o pasado 8 de Xuño no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia (Ourense). O evento levouse a cabo nas probas de  Lightcontact e  Point  Fighting, tanto en feminino como en masculino, e foi a 4ª xornada puntuable para a liga Galega de  Tatami  Sport 2019.


Os do deza consiguen un total de 2 medallas de ouro, 7 de prata e 1 de bronce repartidas da seguinte maneira:
• Adrián  Chorén Sanmartín medalla de prata en Point Fighting e en Lightcontact ( +19 anos masculino e -79 Kg.).
• David Gil Nogueira medalla de ouro en Point Fighting e en Lightcontact (16-18 anos masculino e +94 Kg.). O actual campión galego das probas de  Point  Fighting e  Kicklight en 13-15 anos estreábase en nova categoría de idade.
• Hugo García Requeijo medalla de prata en Point Fighting e en Lightcontact (13-15 anos masculino e -63 Kg.).
• Marcos Fernández Méndez medalla de prata en Point Fighting e bronce en Lightcontact  (+41 anos masculino e -84 Kg.). Marcos estreábase na categoría de  Masterclass na súa volta a unha competición oficial.
• Rebeca Bartolomé Amores medalla de prata en Point Fighting e en Lightcontact ( +19 anos feminino e -70 Kg.).

Campionato Galego de Kickboxing 2019 (Tatami Sports). Resultados.

Na fotografía de esquerda a dereita: Antonio Reboredo Presas, Adrián  Chorén Sanmartín, David Gil Nogueira, Hugo García  Requeijo, Rebeca Bartolomeu Amores e Marcos Fernández Méndez


A pasada fin de semana catro integrantes do Club  Kickboxing Lalín participaron no Campionato Galego de  Tatami  Sports 2019, celebrado nas instalacións de  Expourense (Ourense), no que a Federación Deportiva Galega de  Kickboxing decidiu unificar nas dúas xornadas da fin de semana as probas de  Pointfighting,  Lightcontact e  Kicklight.
O evento contou coa participación de 223 competidores de 16 clubs deportivos, realizándose uns 380 combates. O maratoniano campionato necesitou o uso de 4  tatamis, unha quincena de xuíces, unhas instalacións acordes e unha organización impecable por parte da Federación, pasada con nota.
Os resultados dos do Deza pódense considerar de moi bos e optimistas de cara a novos eventos dada a igualdade mostrada en moitos combates, perdendo en moitos casos por unha puntuación mínima:

• Adrián  Chorén Sanmartín na categoría de 19/40 anos masculina e -79 Kg.:
Pointfighting: 3º clasificado.
  Lightcontact: Cae en oitavos de final.
  Kicklight: 2º clasificado e subcampión galego.
Vese unha gran progresión do de  Noceda desde o ano pasado, que foi o ano do seu debut.

• David Gil Nogueira na categoría de 13/14/15 anos masculina e +69 Kg.
Pointfighting: 1º clasificado e Campión Galego
  Lightcontact: 3º clasificado. Cae en cuartos nun  ajustadísimo combate no que se podería considerar unha final anticipada.
  Kicklight: 1º clasificado e Campión Galego
David repite os resultados do ano pasado en  Pointfighting e Lightcontact, pero consegue o campionato en  Kicklight, proba na que o ano pasado quedou segundo.
 Desta forma David está entre os deportistas máis laureados do torneo, e a pesar da súa idade é o integrante do Club  Kickboxing Lalín con máis Campionatos Galegos conseguidos ata o momento.
 Estes resultados favorecerían a súa posible integración na selección galega que participará no Campionato de España que terá lugar do 9 ao 12 de Maio en Guadalaxara.

• Hugo García  Requeijo na categoría de 13/14/15 anos masculina e -57 Kg.
Pointfighting: Cae en oitavos de final.
Lightcontact: Cae en oitavos de final.
Hugo non logra escalar ata as posicións de medalla en ningunha das dúas probas na que se presenta na súa competición de debut, circunstancia á que hai que sumar a mala sorte no sorteo de cuadrantes e a de estar nunha das categorías de peso e idade máis competitivas do torneo. Pese a iso fai unha magnífica participación e logra aguantar o tipo fronte a mozos moi rodados e referencias do   kickboxing galego.

• Rebeca Bartolomé Amores na categoría de 19/40 anos feminina  -65 Kg. e -70 Kg.
Pointfighting:  3ª clasificada.
  Lightcontact: 2ª clasificada e Subcampioa Galega.
  Kicklight: 2ª clasificada e Subcampioa Galega.
A natural de Salamanca afincada en Lalín, tamén debutante, por problemas organizativos debe participar en -70 Kg. nas probas de  Pointfighting e  Kicklight, e non na súa categoría natural de -65 Kg.
A pesar diso e a atopar a duras, e nalgún caso rudas rivais, non se amedrenta e logra pasar con nota a súa participación debut.


O equipo foi asistido na esquina polo técnico Antonio Reboredo Presas no seu décimo ano como adestrador e polo auxiliar Marcos Fernández Méndez.

Tamén outro integrante do Club  kickboxing Lalín, José Martín García González,  foi convocado polo Departamento de Arbitraxe da  FDGK para formar parte do corpo arbitral no evento.

Campionato Galego de Kickboxing 2019 (Tatami Sports). Participantes Club Kickboxing Lalín.



O Club  Kickboxing Lalín ultima a preparación do Campionato Galego de  Kickboxing de  Tatami  Sports 2019, no que os mellores loitadores autonómicos competirán polas medallas nas probas de  Pointfighting,  Lightcontact e  Kicklight. Ademais de poñerse en xogo os títulos de Campión Galego de cada proba, o campionato é puntuable para poder participar coa Selección Galega no Campionato de España.

A competición terá lugar nas instalacións de  Expourense (Ourense) os días 6 e 7 de Abril. Disputaranse as eliminatorias das tres probas ao longo da xornada do sábado, e as finais o domingo pola mañá.

A representación dezana correrá a cargo de catro integrantes, asistidos polo técnico Antonio Reboredo no seu décimo ano como adestrador do Club  Kickboxing Lalín:

•  Adrián  Chorén Sanmartín na categoría de 19/40 anos masculina e -79 Kg. e nas probas de  Pointfighting,  Lightcontact e  Kicklight. (Campionato Galego 2018: 3º clasificado nas probas de  Lightcontact e  Kicklight).

•  David Gil Nogueira na categoría de 13/14/15 anos masculina e +69 Kg. e nas probas de  Pointfighting,  Lightcontact e  Kicklight. (Campionato Galego 2018: 1º clasificado en  Pointfighting, 3º clasificado na proba de  Lightcontact e 2º clasificado en  Kicklight).

•  Hugo García  Requeijo na categoría de 13/14/15 anos masculina e -57 Kg. e nas probas de  Pointfighting e  Lightcontact. (Debutante)

• Rebeca Bartolomé Amores na categoría de 19/40 anos feminina  e -65 Kg. e nas probas de  Pointfighting,  Lightcontact e  Kicklight. (Debutante).

Desta forma o equipo dezano presenta a dous veteranos, xa medallistas en anteriores ocasións, co novo pero moi rodado en competición David Gil e referencia autonómica da súa categoría, con outros dous debutantes en competición, pero con gran potencial.

Como nota a comentar, Rebeca Bartolomé, ademais de ser a única representante feminina do Club  Kickboxing Lalín no citado torneo, será a 3º competidora en competición oficial do club lalinense, tras Belén García (2012) e Noelia Ferreiro (2015 e 2016).

Novo horario de Kickboxing Infantil

Ampliamos o horario de Kickboxing Infantil. Pasa a ser os Martes e Xoves de 18:00 a 19:00 horas.
O horario de adultos seguirán como hasta ahora: Luns, Mércores e Venres de 21:00 a 22:00 horas.



Entrega de cintos (04/07/2018)


Tras ter superado positivamente o correspondente exame de grado, faise entrega dos novos cintos a David Gil e Adrián Chorén. David acada o cinto verde e Adrián o cinto amarelo de Kickboxing. Parabéns!

David Gil. Resultado Campionato de España de Tatami Sports. (Marín 12-13 de Maio 2018)


David Gil volve quedar ás portas de gañar un campionato de España nunha proba de kickboxing.
O do Club Kickboxing Lalín, actual campión galego na proba de Pointfighting, representaba a Galicia nesta mesma proba, e facíao na categoría de 13 a 15 anos e +69 Kg.
O campionato disputouse o pasado fin de semana na localidade pontevedresa de Marín. Ata alí desprazáronse ao redor de 800 deportistas chegados de todo o país representando ás súas comunidades autónomas.
O de Lalín tras unha xornada de sábado espectacular, clasifícasepara semifinais, que se disputarían na xornada de domingo, xornada nefasta para David Gil, que non logra disputar a final.
De todos os xeitos logra unha meritoria medalla de bronce, e unha gran experiencia para futuras competicións.

David Gil. Campionato de España de Tatami Sports (Marín 12-13 de Maio 2018)



Este fin de semana David Gil Nogueira do Club Kickboxing Lalín terá unha das citas máis importantes do ano da súa carreira deportiva.

 Participará no Campionato de España de Kickboxing de Tatami Sports, que terá lugar na localidade pontevedresa de Marín, no Pavillón Municipal da Raña, sendo as eliminatorias durante toda a xornada do sábado 12 e as finais o domingo 13 a partir das 10:00 horas.

O de Lalín participará na proba de Pointfighting, proba na que é o actual campión galego, e farao na categoría de 13 a 15 anos e +69 Kg.

Será a segunda participación de David en competición nacional tras a do 2016, na que conseguiu unha meritoria medalla de bronce na categoría de 10-12 anos e +47 Kg., tamén na proba de Pointfighting.
O do Club Kickboxing Lalín preséntase nun gran momento de forma, con moita máis experiencia en competición, o que fai soñar con mellorar o resultado conseguido no 2016, aínda que a xesta non será fácil, xa que se enfrontará aos mellores de cada comunidade da súa mesma categoría.


A medalla de ouro daríalle paso ao campionato de Europa desta mesma proba representando á selección española.

Campionato Galego de Kicklight 2018. Resultados.



Os tres competidores do Club Kickboxing Lalín no Gallego de Kicklight logran subirse o pódium. A competición desta proba de Tatami Sports celebrouse durante a xornada do sábado 24/03/2018 na localidade de Moraña.
Adrián Chorén Sanmartín consegue o bronce na categoría de 19-40 anos masculino e -79 Kg. Manuel Cerqueiro Montoto a prata na categoría de 19-40 anos masculino e -69 Kg, e outra prata para David Gil Nogueira na categoría de de 13-15 anos masculino e +69 Kg.
Con esto remata as competicións de este ano clasificatorias para o Campeonato de España nas que participará o Club Kickboxing lalín. Destas solo se logrou a clasificación de David Gil en Point Fighting, pero nas que houbo un bo conxunto de medallas para os do Deza:

Campionato Galego de Lightcontact (Noia 04/02/2018):
  • ·         David Gil Nogueira (13-15 anos masculino e +69 Kg.) bronce.
  • ·         Adrián Chorén Sanmartín (19-40 anos masculino e -79 Kg.) bronce.

Campionato Galego de Pointfighting (Marín 17/02/2018):
  • ·         Marcos Fernández Méndez ((19-40 anos masculino e -79 Kg.) bronce.
  • ·         Manuel Cerqueiro Montoto (19-40 anos masculino e -69 Kg.) prata.
  • ·         David Gil Nogueira (13-15 anos masculino e +69 Kg.) ouro, e polo tanto Campión Galego e clasificado para o Campeonato de España nesta mesma proba.


Campionato Galego de Fullcontact (Mos 17/03/2018):
  • ·         Manuel Cerqueiro Montoto (19-40 anos masculino e -67 Kg.) bronce.

Campionato Galego de Kicklight (Moraña 24/03/2018):
  • ·         Adrián Chorén Sanmartín (19-40 anos masculino e -79 Kg.) bronce.
  • ·         Manuel Cerqueiro Montoto (19-40 anos masculino e -69 Kg.) prata.
  • ·         David Gil Nogueira (13-15 anos masculino e +69 Kg.) prata.

O próximo evento con participación de algún membro do Club Kickboxing Lalín será a asistencia de David Gil a concentración da selección galega o vindeiro 08/04/2018 no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela.

Resultado Manuel Cerqueiro no Campionato Galego de Fullcontact 2018 e representación do Club Kickboxing Lalín no Galego de Kicklight (Moraña 24/03/2018)



Manuel Cerqueiro Montoto consegue a medalla de bronce na categoría sénior de -67 Kg., unha das máis concorridas, no Campionato Galego de Fullcontact. Este torneo de Ring Sports celebrouse o pasado sábado 17 de Marzo na localidade pontevedresa de Mos. O púxil do Club Kickboxing Lalín gaña no primeiro cruzamento aos puntos ao loitador local Alberto Simón Alonso. O de Moneixas toma vantaxe tras a segunda penalización ao de Mos por continuas entradas en clinch ilegal, que fai impóñase no último asalto, non sen acusar un sebero desgaste. Sen apenas tempo de recuperación, enfróntase a Daniel Georgescu de Cedeira, que chega fresco tras a incomparecencia do seu cruzamento en cuartos, Fernando Rico Segurola da Mariña. Georgescu non dá opcións ao de Moneixas, que cae en semifinais tocado nunha cadeira. Espérase unha total recuperación de Cerqueiro para disputar o Galego de Kicklight en Moraña o vindeiro sábado 24 de Marzo. Acompañarán a Cerqueiro nesta proba, esta vez de Tatami Sport, David Gil Nogueira na categoría de 13-15 anos masculino e +69 Kg. e Adrián Chorén Sanmartín na categoría de 19-40 anos masculino e -79 Kg . Manuel Cerqueiro particitará na categoría de 19-40 anos masculino e -69 Kg.

Campionato Galego de Fullcontact 2018 (Mos 17/03/2018). Representación Club Kickboxing Lalín.


Manuel Cerqueiro Montoto volverá representar ao Club Kickboxing Lalín no Campionato Galego de Fullcontact. Esta proba de Kickboxing Ringsports terá lugar o vindeiro sábado 17 na localidade pontevedresa de Mos (Pavillón Óscar Pereiro), celebrándose as eliminatorias a partir das 16:30 horas, e as finais a partir das 21:00 horas.
As probas de Kickboxing Ringsports celébranse en ring e son de pleno contacto, é dicir, só puntúan as técnicas que entran en zona puntuable con potencia. No caso do Fullcontact utilízanse as técnicas de puño de boxeo e as técnicas de perna por encima da cintura, das cales se debe facer un mínimo de seis técnicas de perna con intención de puntuar por asalto para non ser penalizado, o que implica unha depurada técnica de perna. Os combates son a unha distancia de tres asaltos de dous minutos cun descanso dun minuto entre eles, polo que os combatentes deberán dispoñer dunha boa condición física.
 Espérase un bo papel do de Moneixas que quedou subcampión o ano pasado na súa primeira participación nunha proba de ring. Na súa loita polo cinto de campión na categoría senior de -67 Kg. terá os adversarios: Alberto Simón Alonso (Mos), Fernando Rico Segurola (A Mariña), Daniel Georgescu (Cedeira), Lewis Arizala Bocanegra (Miro) e a Gabriel Pereira Oliveira (Salceda). Cerqueiro estará asistido na esquina polo adestrador do Club Kickboxing lalín Antonio Reboredo. O torneo é clasificatorio para o Campionato de España desta mesma proba.

CAMPIONATO GALEGO DE KICKBOXING KICKLIGHT (MORAÑA 24/03/2018)


Campionato Galego de Pointfighting (Marín 17/02/2018). Resultados Club Kickboxing Lalín.

Manuel Cerqueiro, David Gil e Marcos Fernández.
As previsións non fallan, e a proba de Kickboxing Tatami Sports de Pointfighting volve ser unha categoría talismán para o Club Kickboxing Lalín. O Campeonato Galego de Kickboxing Pointfighting celebrouse de man da Federación Deportiva Gallega de Kickboxing o pasado 17 de  Febreiro en Marín.
Os tres representantes do Deza conseguen acceder ao pódium nas súas respectivas categorías, pero con diferente sorte para cada un deles:
Marcos Fernández Méndez alcanza o bronce no seu adeus ás competicións oficiais sénior, xa que proximamente cumprirá os 41 anos, conseguindo un meritorio resultado na categoría sénior masculino e -79 Kg. O de Forcarei alcanza o seu obxectivo de subir ao pódium no seu combate de despedida, e lógrao competindo nunha categoría con loitadores de gran nivel e mocidade.
Manuel Cerqueiro Montoto, na categoría senior masculino e -69 Kg. queda a portas do título autonómico, e igual que o ano pasado acariña a medalla de ouro nunha disputadísima final, na que mesmo foi necesario recorrer ao extra round para desfacer o desempate tras finalizar os dous asaltos regulamentarios. Máis que merecida medalla de prata para o de Moneixas, que compite na súa categoría natural tras paso atrás da Federación de unila coa de -74 Kg.
A maior ledicia veu da man de David Gil Nogueira, na categoría de 13-14-15 anos Masculino e +69 Kg., que logra o ouro da categoría e convértese por segundad vez en Campión Galego de Pointfighting tras o campionato conseguido no 2016, pero na categoría de 10-11-12 anos e +47 Kg. Deste xeito o de Lalín clasifícase para o Campionato de España de Tatami Sport na proba de Pointfighting, campionato que se ten previsto disputar na localidade pontevedresa de Marín os próximos 11, 12 e 13 de Maio.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...