O Club Kickboxing
Lalín ultima a preparación do Campionato Galego de Kickboxing de
Tatami Sports 2019, no que os
mellores loitadores autonómicos competirán polas medallas nas probas de Pointfighting, Lightcontact e Kicklight. Ademais de poñerse en xogo os
títulos de Campión Galego de cada proba, o campionato é puntuable para poder
participar coa Selección Galega no Campionato de España.
A competición terá lugar nas instalacións de Expourense (Ourense) os días 6 e 7 de Abril.
Disputaranse as eliminatorias das tres probas ao longo da xornada do sábado, e
as finais o domingo pola mañá.
A representación dezana correrá a cargo de catro
integrantes, asistidos polo técnico Antonio Reboredo no seu décimo ano como
adestrador do Club Kickboxing Lalín:
• Adrián Chorén Sanmartín na categoría de 19/40 anos
masculina e -79 Kg. e nas probas de
Pointfighting, Lightcontact e Kicklight. (Campionato Galego 2018: 3º
clasificado nas probas de Lightcontact
e Kicklight).
• David Gil Nogueira
na categoría de 13/14/15 anos masculina e +69 Kg. e nas probas de Pointfighting, Lightcontact e Kicklight. (Campionato Galego 2018: 1º
clasificado en Pointfighting, 3º
clasificado na proba de Lightcontact e
2º clasificado en Kicklight).
• Hugo García Requeijo na categoría de 13/14/15 anos
masculina e -57 Kg. e nas probas de
Pointfighting e Lightcontact.
(Debutante)
• Rebeca Bartolomé Amores na categoría de 19/40 anos
feminina e -65 Kg. e nas probas de Pointfighting, Lightcontact e Kicklight. (Debutante).
Desta forma o equipo dezano presenta a dous veteranos, xa
medallistas en anteriores ocasións, co novo pero moi rodado en competición
David Gil e referencia autonómica da súa categoría, con outros dous debutantes
en competición, pero con gran potencial.
Como nota a comentar, Rebeca Bartolomé, ademais de ser a
única representante feminina do Club
Kickboxing Lalín no citado torneo, será a 3º competidora en competición
oficial do club lalinense, tras Belén García (2012) e Noelia Ferreiro (2015 e
2016).
No hay comentarios:
Publicar un comentario