Na fotografía de esquerda a dereita: Antonio Reboredo Presas, Adrián Chorén Sanmartín, David Gil Nogueira, Hugo García Requeijo, Rebeca Bartolomeu Amores e Marcos Fernández Méndez |
A
pasada fin de semana catro integrantes do Club
Kickboxing Lalín participaron no Campionato Galego de Tatami
Sports 2019, celebrado nas instalacións de Expourense (Ourense), no que a Federación
Deportiva Galega de Kickboxing decidiu
unificar nas dúas xornadas da fin de semana as probas de Pointfighting, Lightcontact e Kicklight.
O
evento contou coa participación de 223 competidores de 16 clubs deportivos,
realizándose uns 380 combates. O maratoniano campionato necesitou o uso de
4 tatamis, unha quincena de xuíces,
unhas instalacións acordes e unha organización impecable por parte da
Federación, pasada con nota.
Os
resultados dos do Deza pódense considerar de moi bos e optimistas de cara a
novos eventos dada a igualdade mostrada en moitos combates, perdendo en moitos
casos por unha puntuación mínima:
• Adrián
Chorén Sanmartín na categoría de 19/40 anos masculina e -79 Kg.:
Pointfighting: 3º clasificado.
Lightcontact: Cae en oitavos de final.
Kicklight: 2º clasificado e subcampión galego.
Vese unha gran progresión do de Noceda desde o ano pasado, que foi o ano do
seu debut.
• David Gil Nogueira na categoría de
13/14/15 anos masculina e +69 Kg.
Pointfighting: 1º clasificado e Campión
Galego
Lightcontact: 3º clasificado. Cae en cuartos nun ajustadísimo combate no que se podería
considerar unha final anticipada.
Kicklight: 1º clasificado e Campión Galego
David repite os resultados do ano pasado
en Pointfighting e Lightcontact, pero
consegue o campionato en Kicklight,
proba na que o ano pasado quedou segundo.
Desta forma David está entre os deportistas
máis laureados do torneo, e a pesar da súa idade é o integrante do Club Kickboxing Lalín con máis Campionatos Galegos
conseguidos ata o momento.
Estes resultados favorecerían a súa posible
integración na selección galega que participará no Campionato de España que
terá lugar do 9 ao 12 de Maio en Guadalaxara.
• Hugo García Requeijo na categoría de 13/14/15 anos
masculina e -57 Kg.
Pointfighting: Cae en oitavos de final.
Lightcontact: Cae en oitavos de final.
Hugo non logra escalar ata as posicións de
medalla en ningunha das dúas probas na que se presenta na súa competición de
debut, circunstancia á que hai que sumar a mala sorte no sorteo de cuadrantes e
a de estar nunha das categorías de peso e idade máis competitivas do torneo.
Pese a iso fai unha magnífica participación e logra aguantar o tipo fronte a
mozos moi rodados e referencias do kickboxing galego.
• Rebeca Bartolomé Amores na categoría de
19/40 anos feminina -65 Kg. e -70 Kg.
Pointfighting: 3ª clasificada.
Lightcontact: 2ª clasificada e Subcampioa Galega.
Kicklight: 2ª clasificada e Subcampioa Galega.
A natural de Salamanca afincada en Lalín,
tamén debutante, por problemas organizativos debe participar en -70 Kg. nas
probas de Pointfighting e Kicklight, e non na súa categoría natural de
-65 Kg.
A pesar diso e a atopar a duras, e nalgún
caso rudas rivais, non se amedrenta e logra pasar con nota a súa participación
debut.
O
equipo foi asistido na esquina polo técnico Antonio Reboredo Presas no seu
décimo ano como adestrador e polo auxiliar Marcos Fernández Méndez.
Tamén
outro integrante do Club kickboxing
Lalín, José Martín García González, foi
convocado polo Departamento de Arbitraxe da
FDGK para formar parte do corpo arbitral no evento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario