Este fin de semana David
Gil Nogueira do Club Kickboxing Lalín terá unha das citas máis importantes do ano da súa carreira deportiva.
Participará no Campionato de España de Kickboxing de Tatami Sports, que terá lugar na localidade pontevedresa de Marín, no Pavillón Municipal da Raña, sendo as eliminatorias durante toda a xornada do sábado 12 e as finais o domingo 13 a partir das 10:00 horas.
O de Lalín participará na
proba de Pointfighting, proba na que é o actual campión galego, e farao na
categoría de 13 a 15 anos e +69 Kg.
Será a segunda
participación de David en competición nacional tras a do 2016, na que conseguiu
unha meritoria medalla de bronce na categoría de 10-12 anos e +47 Kg., tamén na
proba de Pointfighting.
O do Club Kickboxing Lalín preséntase nun gran momento de forma, con moita máis experiencia en competición, o que fai soñar con mellorar o resultado conseguido no 2016, aínda que a xesta non será fácil, xa que se enfrontará aos mellores de cada comunidade da súa mesma categoría.
A medalla de ouro daríalle
paso ao campionato de Europa desta mesma proba representando á selección
española.
No hay comentarios:
Publicar un comentario