O Club Kickboxing
Lalín comeza as súas actividades no
Ferro´ s Ximnasio despois dun
parón durante o mes de Agosto, e faio coa entrega de cintos aos aprobados no
exame realizado o pasado 29 de Xuño en Arcade, de mans do director técnico Lito
Álvarez e do adestrador do club dezano Antonio Reboredo. Os novos cintos acadados
polos do Club Kickboxing Lalín son os
seguintes:
•
Adrián
Chorén Sanmartín: Laranxa.
•
Beatríz Nóvoa López: Amarelo.
•
David Gil Nogueira: Azul.
•
Hugo García Requeijo: Amarelo.
•
Marcos Fernández Méndez: Azul.
•
María José Taboada Lousado: Azul.
•
Rebeca Bartolomé Amores: Laranxa.
A orde de grao de cinto é o común a
moitas artes marciais, sendo de menor a maior: Blanco, amarelo, laranxa, verde,
azul e marrón. Despois do marrón pasaríase ao negro e os seus respectivos dan
(Negro 1º Dan, Negro 2º Dan,…).
Tanto o director técnico, Lito Álvarez, como o adestrador do
club, Antonio Reboredo, destacaron o gran nivel presentado no exame polos
deportistas lalinenses de acordo co cinto ao que optaban.
No hay comentarios:
Publicar un comentario