Campionato Galego de Fullcontact 2018 (Mos 17/03/2018). Representación Club Kickboxing Lalín.


Manuel Cerqueiro Montoto volverá representar ao Club Kickboxing Lalín no Campionato Galego de Fullcontact. Esta proba de Kickboxing Ringsports terá lugar o vindeiro sábado 17 na localidade pontevedresa de Mos (Pavillón Óscar Pereiro), celebrándose as eliminatorias a partir das 16:30 horas, e as finais a partir das 21:00 horas.
As probas de Kickboxing Ringsports celébranse en ring e son de pleno contacto, é dicir, só puntúan as técnicas que entran en zona puntuable con potencia. No caso do Fullcontact utilízanse as técnicas de puño de boxeo e as técnicas de perna por encima da cintura, das cales se debe facer un mínimo de seis técnicas de perna con intención de puntuar por asalto para non ser penalizado, o que implica unha depurada técnica de perna. Os combates son a unha distancia de tres asaltos de dous minutos cun descanso dun minuto entre eles, polo que os combatentes deberán dispoñer dunha boa condición física.
 Espérase un bo papel do de Moneixas que quedou subcampión o ano pasado na súa primeira participación nunha proba de ring. Na súa loita polo cinto de campión na categoría senior de -67 Kg. terá os adversarios: Alberto Simón Alonso (Mos), Fernando Rico Segurola (A Mariña), Daniel Georgescu (Cedeira), Lewis Arizala Bocanegra (Miro) e a Gabriel Pereira Oliveira (Salceda). Cerqueiro estará asistido na esquina polo adestrador do Club Kickboxing lalín Antonio Reboredo. O torneo é clasificatorio para o Campionato de España desta mesma proba.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...