Manuel Cerqueiro, David Gil e Marcos Fernández. |
As previsións non
fallan, e a proba de Kickboxing Tatami Sports de Pointfighting volve ser unha
categoría talismán para o Club Kickboxing Lalín. O Campeonato Galego de
Kickboxing Pointfighting celebrouse de man da Federación Deportiva Gallega de
Kickboxing o pasado 17 de Febreiro en
Marín.
Os tres representantes
do Deza conseguen acceder ao pódium nas súas respectivas categorías, pero con
diferente sorte para cada un deles:
Marcos Fernández Méndez
alcanza o bronce no seu adeus ás competicións oficiais sénior, xa que
proximamente cumprirá os 41 anos, conseguindo un meritorio resultado na
categoría sénior masculino e -79 Kg. O de Forcarei alcanza o seu obxectivo de
subir ao pódium no seu combate de despedida, e lógrao competindo nunha
categoría con loitadores de gran nivel e mocidade.
Manuel Cerqueiro
Montoto, na categoría senior masculino e -69 Kg. queda a portas do título
autonómico, e igual que o ano pasado acariña a medalla de ouro nunha
disputadísima final, na que mesmo foi necesario recorrer ao extra round para
desfacer o desempate tras finalizar os dous asaltos regulamentarios. Máis que
merecida medalla de prata para o de Moneixas, que compite na súa categoría
natural tras paso atrás da Federación de unila coa de -74 Kg.
A
maior ledicia veu da man de David Gil Nogueira, na categoría de 13-14-15 anos
Masculino e +69 Kg., que logra o ouro da categoría e convértese por segundad
vez en Campión Galego de Pointfighting tras o campionato conseguido no 2016,
pero na categoría de 10-11-12 anos e +47 Kg. Deste xeito o de Lalín clasifícase
para o Campionato de España de Tatami Sport na proba de Pointfighting,
campionato que se ten previsto disputar na localidade pontevedresa de Marín os
próximos 11, 12 e 13 de Maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario