Gran actuación de Manuel Cerqueiro Montoto no Campionato
Galego de Full-Contact celebrado o pasado sábado 18/03/2017 no pavillón
ourensán dos Remedios. O púxil do Club Kickboxing Lalín pasa con nota alta na
que sería a súa primeira participación en Ring Sports ou probas de contacto
pleno. Cerqueiro logra o subcampeonato no peso Welter, ou o que é o mesmo, en -67 Kg e +63,5 Kg., tras perder aos puntos na final contra Juan
Rivera do Kickboxing Mos.
Os dous pasan á final tras a incomparecencia por causas
descoñecidas dos seus rivais en semifinais, xogándose o campionato nun combate
de tres asaltos de dous minutos cun minuto de descanso entre eles.
O primeiro asalto é gañado polo de Mos. M
áis rodado, con
máis experiencia que Cerqueiro en Full-Contact logra alcanzar con mellor
precisión as zonas de puntuación. Algunha decisión arbitral, máis en concreto
do conta patadas, lastran ao de Moneixas condicionando en parte o final deste
primeiro asalto e o principio do segundo.
No segundo asalto as cousas iguálanse. Nas cartolinas os
puntos sería outra vez favorables para Rivera, pero por mínima marxe. As
potentes técnicas lanzadas polo de Lalín, unido quizais a unha menor condición
física, empezaban a notarse en Juan Rivera, que aínda que seguía cun alto ritmo
ofensivo, empezábase a refuxiar no clinch.
No terceiro e último asalto as cousas tórnanse. Manuel
Cerqueiro é o que puntua máis, tamén con pouca marxe. Os púxiles dano todo,
pero o cansazo empézase a notar na efectividade das técnicas ofensivas e
defensiva. O de Mos segue freando a continuidade de series de Cerqueiro con
repetidos clinch, que en ocasións se podería considerar ilegais.
O de Lalín vese máis fresco no final do combate, pero non
logra remontar a diferenza de puntos adquirida por Rivera nos anteriores
asaltos. Quizais cuns segundos máis Cerqueiro fose capaz de dar a volta ao
marcador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario