O Club Kickboxing Lalín inscribe a Manuel Cerqueiro Montoto
no Campionato Galego de Full-Contact, organizado pola Federación Deportiva
Galega de Kickboxing (FDGK), na que será a primeira competición do de Lalín en
contacto pleno.
A competición celebrarase o vindeiro sábado 18 no pavillón
ourensán dos Remedios, sendo as eliminatorias e semifinais a partir das 16:00
horas e as finais a partir das 20:50 horas.
O Full-Contact é unha proba do Kickboxing dentro dos Ring
Sport, por tanto de pleno contacto, o que esixe un alto grao de preparación e
certa experiencia en probas de contacto controlado para poder “dar o salto”.
Os combates levaránse a cabo baixo as regras WAKO (World
Association of Kickboxing Organizations), polo que se disputarán á distancia de
3 asaltos de 2 minutos con descanso de 1 minuto entre eles.
Asistirán na esquina a Manuel Cerqueiro o adestrador do Club
Kickboxing Lalín Antonio Reboredo e como axudante de adestrador José Martín
García.
Desde o equipo lalinense esperan un gran papel de Cerqueiro,
cautelosos pola súa inexperiencia en contacto pleno, pero con gran fe na
calidade técnica e carácter combativo do de Moneixas.
A competición é clasificatoria para o Campionato de España
de Full-Contact da FEK (Federación Española de Kickboxing).
No hay comentarios:
Publicar un comentario