Campionato Galego de Point Fighting 2017. Resultados.

Dúas medallas de bronce para os dous representantes do Club Kickboxing Lalín na que foi a primeira competición oficial no presente ano da Federación Galega de Kickboxing, esta vez na proba de Point Fighting (Semi Contact), celebrado o pasado domingo no Pavillón da Montesiña na localidade pontevedresa de Soutomaior.
As preseas foron conseguidas por David Gil Nogueira na categoría de 13-14-15 anos masculino  e +69 Kg. e por Manuel Cerqueiro Montoto na categoría de 19 a 40 anos masculino e -69 Kg.
A próxima cita para os lalinense probablemente sexa na proba de Full-Contact, onde Manuel Cerqueiro estrearíase no Campionato Galego desta proba de ring e de pleno contacto.

O Campionato Galego de Full-Contact está previsto se dispuste en Ourense o próximo 18 de Marzo.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...