
O deportista dezano do "Club Kickboxing Lalín" Diego Hermida Villanueva "Midas", queda campeón da súa categoría da modalidade "LOW-KICK CONTROL CONTACT" no torneo "I Copa Deputación de Ourense de KicKboxing" que se celebrou o 18 de Xullo no pazo de deportes "Paco Paz" de Ourense.
Trátase dun momento moi especial por ser a primeira competición a que se presenta un deportista representando o "Club Kickboxing Lalín", e un motivo de orgullo persoal por tratarse dun alumno propio, máis cando foi acompañado da victoria.
Enhoraboa Diego.
(Na fotografía, de esquerda a dereita: Diego Hermida "Midas" e Toni Souto).
No hay comentarios:
Publicar un comentario