Alicante será a sede dun Campionato do Mundo de Artes marciais.
Fonte: (http://www.lacronicavirtual.com/index.php/alicante/4992-alicante-sera-la-sede-del-campeonato-de-mundo-de-artes-marciales)
Alacante acollerá do 2 ao 7 de novembro o Campionato do Mundo da Iska (International Kick boxing Association) que reunirá a 1.500 expertos en artes marciais.
Segundo informa a Concellaría de Turismo de Alacante, durante o día a competición celebrarase nas instalacións do Centro de Tecnificación e pola noite, e por primeira vez, o evento que conta coa colaboración do Padroado Municipal de Turismo e o de Deportes, terá como zona de lecer oficial a mariña do Porto. Alí vanse a celebrar exhibicións de artes marciais e actividades abertas aos deportistas e aos alacantinos en xeral. Os empresarios do Porto, ademais, elaboraron ofertas especiais nos seus restaurantes e locais de lecer para os participantes na competición.
Para a concelleira de Turismo, Marta García-Romeu, isto "demostra a capacidade de adaptación dos empresarios alacantinos que aproveitaron un evento deportivo de gran magnitude para abrir a cidade e pór a disposición dos participantes e os alacantinos en xeral as súas instalacións e xerar actividades paralelas ás dunha gran competición como a que se prevé para principios de novembro".
O Campionato terá lugar entre o 2 e o 7 de novembro e está organizado pola Federación Española de Kick Boxing e Unidos polo Deporte, e nel participan deportistas de 50 países. Entre os obxectivos do Padroado Municipal de Turismo destaca favorecer a celebración de eventos e congresos, ofrecer á súa vez as instalacións da cidade e que os participantes coñezan Alacante e gozar de todo o que ofrece en materia turística: as súas praias, a súa cultura, a súa gastronomía, o lecer...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario