III Aniversario Club Kickboxing Lalín



O vindeiro venres 11 de febreiro, ás 22:30 horas, terá lugar unha cea para celebrar o 3º aniversario da creación do Club Kickboxing Lalín, á que poderán asistir non só os deportistas, senón que todos os amigos e simpatizantes do club. 

Para apuntarse deberanse pór en contacto con calquera membro da directiva do club, os cales lles informarán sobre o prezo, menú e lugar onde se celebrará a cea.

O día tope para apuntarse será o 10/02/2010.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...