1ª Copa Diputación de kickboxing de A Coruña–Club Kickboxing Lalín

CARTELdIPUTACIONO Club Kickboxing Lalín volverá ter representación nunha nova competición do formato “Copa Diputación” da “Federación Gallega de Kickboxing”; nesta ocasión, na “1ª Copa Diputación de A Coruña”, que terá lugar o próximo 21 de Maio no pavillón municipal de Melide a partir das 10:30 am.
Os inscritos por parte do club lalinense son os deportistas José Martín García González (modalidade Semicontact, categoría +90 Kg), José Manuel Couto Barros (modalidade Semicontact, categoría -85 Kg) e Jorge García González (modalidade Light-Contact, categoría -75 Kg).
O principal obxectivo para esta competición dos do Ferro`s Ximnasio é o de rodarse de cara a futuras competicións a nivel autonómico, aínda que dada a calidade dos púxiles e éxitos acadados noutras edicións de este formato, non se descarta conseguir novas medallas.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...