Inmellorable actuación dos deportistas do Club Kickboxing Lalín na 3ª Copa Deputación de Ourense, celebrada o pasado sábado 7 de Maio.
Os dous loitadores do Ferro´s proclamáronse campións nas modalidades nas que se presentaron:
Ciprian Sarbú vence na modalidade de Light-Contact (-75 Kg), conseguindo a vitoria por unanimidade nos tres combates disputados.
Doutra banda José Manuel Couto Barros, proclámase campión na modalidade de Semi-Contact (-85 Kg) despois de remontar un 3 - 0 na final, quedando o marcador nun 3 - 5.
Destacar a calidade técnica e a deportividade demostrada polos competidores dezanos.
Tamén comentar que o resultado puido ser aínda mellor de participar Jorgue García González, inscrito a priori na modalidade de Low- Kick Control Contact, pero que quedou aparcado da competición por unha lesión poucos días antes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario