1er TROFEO DE KICKBOXING "CIDADE DE BETANZOS"

1er TROFEO DE KICKBOXING "CIDADE DE BETANZOS", a celebrarse o sábado día 20 de agosto,  no pavillón municipal de Betanzos, a partir das 18:00h.
O evento organizado polo CLUB KICKBOXING CANEIROS de Betanzos, coa colaboración do Concello de Betanzos e a Fundación Cipri Gomes, formará parte do calendario de actividades federativas da Fed. Galega de Kickboxing programadas para este verán, como accións participativas na promoción e desenvolvemento dos deportes do Kickboxing, nos novos puntos de actuación das Escolas noveis da comarca, e para que estas se realicen nun marco lúdico propio, no cumprimento dos seus fins deportivos.
A entrada será gratuíta en favor dunha maior difusión e promoción do deporte do kickboxing, e en definitiva o acceso unha alternativa lúdico-deportiva para todos os cidadáns do municipio de Betanzos e comarca.
programación BETANZOS 2011

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...