O Club Kickboxing Lalín consegue tres medallas nunha nova competición do kickboxing amateur de ámbito autonómico. Nesta ocasión, no "2ª Trofeo de Kickboxing Vila de Ribadavia" disputado o pasado 10 de Setembro, na que participaron un total de setes clubs de toda Galicia. A pouca concorrencia de equipos na competición, e portando de competidores, debido á época pos vacacional na que se desenvolveu , obrigou á organización a reagrupar aos participantes en só dúas modalidades, e nalgúns casos, unindo varias categorías de peso. Este feito non favoreceu aos dezáns ao ter que cambiar dous do seu tres participantes, de modalidade na que estaban en principio inscritos, pasando a competir todos en Light-Contact.
Pero os do Ferro´s Ximnasio non se amedrentaron. José Manuel Couto logra unha medalla de bronce tras unha discutible decisión arbitral. José Martín García unha medalla de prata nun combate épico que fixo levantar ao público dos asentos, no que tivo que decidirse o gañador tras un extra round debido á igualdade dos opoñentes. Jorge García protagoniza a sorpresa da xornada, conseguindo o único ouro para os lalinenses nunha boa final, non moi brillante, pero ben xestionada, na que non deixou traballar cómodamente ao opoñente.
Ciprian Sarbu, a priori inscrito, foi baixa na competición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario