Este ano, o Club Kickboxing Lalín quere aportar o seu gran de area nunha bonita iniciativa de Nadal promovida dende a “Concellería de Benestar e Emigración”, como é a Campaña “Ningún neno e nena sen xoguete” 2011.
Trátase da recollida de xoguetes novos e usados en perfecto estado co obxetivo de que o Día de Reis sexa unha festa para toda a infancia.
Dende a Concellería indícanos que os agasaios pódense entregar durante o mes de decembro no departamento de Servizos Sociais (Praza de Galicia nº1) de luns a venres en horario de 8:00h a 15:00h ou ben no Desván (R. Manuel Rivero nº3) os xoves de 10:00h a 12h e de 16:00h a 18:00h.
Máis información no teléfono 986780014 – persoa de referencia Eva Prieto – ou no correo electrónico educadora@lalin.org.
Tamén se poderán entregar no local de entrenamento do Club Kickboxing Lalín (Ferro´s Ximnasio, Avda. da Estación, nº10 semisótano) os luns e mércores de 21:00h a 22:30h, e os venres de 20:30h a 22:00h.
Para que os menos responsables, non sexan os máis perxudicados da crisis.
Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario