Matías Dabobe estréase como competidor e inaugura o torneo cun combate na
categoría de -65 Kg. Matías brilla cuns espectaculares contraataques de perna
arriba pero a falta de rodaxe do dezán faise notar no resultado final,
claudicando contra Marcos Castro do “Odisea Sport”.
En +90Kg, o actual “Campeón Gallego” na modalidade de “Semi-Contact”, José
Martín García do “Club Kickboxing Lalín”, logra coarse en semifinais e
enfróntase co actual “Campeón Gallego” da modalidade de “Full-Contact”,
Gumersindo Rodríguez do “Odisea Sport”. O combate desenvólvese un tanto
descafeinado, moi igualado, non á altura dos dous campións, quizais por non
adaptarse ningún dos dous ao 100% á modalidade de “Light-Contact”. A vitoria ao
final é para o de Pontevedra cidade, pero pola mínima.
Santiago Uzal (-75 Kg) logra escalar á final tras unha vitoria moi
axustada en semifinais contra Rafael Buján do “Kickboxing Juancho”. Na final, de
novo un dezán contra un da cidade do Lerez , Yago Loveres do “Odisea Sport”,
clube que presentou un total de 15 competidores. Nesta ocasión a vitoria é para
o do “Club Kickboxing Lalín” cun combate ben traballado, intenso en ocasións, no
que Uzal logra unha maior puntación sobre todo coas técnicas de puño.
Polo tanto, Santiago Uzal logra combertirse en campeón da categoría de –75
Kg no “1er Campeonato de San Sadurniño”; José Martín logra un terceiro posto na
categoría de +90 Kg, e Matia Dabobe fai un gran papel no seu debut, que fai
augurar moi bos resultado en futuras competicións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario