5ª Copa Deputación de Ourense (06/07/2013). Resultados.


Os dous representantes do Club Kickboxing Lalín que participaron na “5ª Copa Deputación de Ourense”, celebrada o pasado sábado 6 de Xullo, logran medallas.
Por unha banda José Martín García logra o bronce na modalidade de Light-Contact, ao apearse en semifinais nun combate no que o rival, aínda non sendo claramente superior, non deixou traballar comodamente ao dezán, que non lograba puntuar con claridade.
Ciprian Sarbu, igualmente na modalidade de Light-Contact, non logra pór a guinda nunha final moi igualada e queda coa prata despois de lograr o pase cunha magnífica actuación.
Ambas medallas teñen un valor engadido se se ten en conta que ningún dos dous chegaban ao 100% fisicamente, xa que se deu a casualidade que ambos sufrisen pequenas lesiones días anteriores ao evento que impediron que adestrasen con normalidade, minguando claramente o seu rendemento na competición.
O evento deportivo congregou, segundo datos da organización, a 20 entidades deportivas e a mais de 150 deportistas, que se cruzaron no tatami nas categorías de pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior, correspondentes ás probas de Light-Contact, Semi-Contact e Low-Kick Control Contact, todas elas probas onde non está permitido o contacto pleno.
 A organización do evento correu a cargo da “Federación Gallega de Kickboxing e Disciplinas Asociadas”, coa colaboración das “Escolas de Kickboxing Cipri Gomes”. Ao evento asistiu o responsable da área de deportes da Deputación de Ourense, o Sr. Bernardino González, que fixo as honras na entrega de medallas aos participantes.

Este tipo de eventos son moi interesante para prepararse de cara a competicións de maior calado, como pode ser o “Campeonato Gallego” que este ano está previsto se realice a mediados do mes de Outubro.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...