
Modestos pero esperables os resultados do Club Kickboxing
Lalín no Campionato Gallego de Kickboxing, especialidade Light-Contact, que se
celebrou o pasado 23 de Maio en Portonovo (Sanxenxo). Un campionato maratoniano
no que os preto de 200 competidores, e ao redor de 150 combates, fixeron
alargar a competición desde as 15:30 horas do inicio da pesada até roldar a
media noite.
O seis representantes do Deza, dos que catro se estreaban en
competición, conseguen un total de tres medallas, dúas de bronce e unha prata.
José Martín García González (+17 anos masculino e +90 Kg), o
máis veterano do equipo, e que posiblemente se atope ante o seu último ano en
competición, logra o 2º posto da súa categoría.
José Manuel Couto Barros (+17 anos masculino e -85 Kg) non
consegue pasar de semifinais. O outro veterano do equipo consegue o 3º posto da
súa categoría.
Luís Segade Penela (+17 anos masculino e -90 Kg),
protagoniza a sorpresa da xornada e logra coarse en semifinais. O de Silleda
logra un meritorio 3º posto da súa categoría.

Alejandro Calvo Soto (+17 anos masculino e -75 Kg), Manuel
Cerqueiro Montoto (+17 anos masculino e -65 Kg) e David Gil Nogueira (11-13
anos masculino e -70 Kg), non logran escalar nas eliminatorias. A falta de
experiencia, unida nalgúns casos a unhas discutibles decisións arbitrais, que puideron inclinar a balanza á beira
contraria e a falta de iniciativa en ataque noutros, fai que unha boa
participación non se vexa reflectida nos resultados, pero que convida a soñar
con futuros logros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario