Resultados Campionato Galego de Kickboxing especialidade de Semi-Contact (Noia, 07/06/2015)

O Club Kickboxing Lalín logra un total de 6 medallas, 2 de prata e 4 de bronce, no Campionato Galego de Kickboxing especialidade Semi-Contact celebrado o pasado 7 de Xuño en Noia. Mellora deste xeito os resultados conseguidos no Galego de Light-Contact, no que conseguiron un total de 4 medallas (1 de prata e 3 de bronce).
A actuación do equipo dezano resúmese da forma seguinte:
Noelia Ferreiro Reboredo, que compite en categoría 11-13 anos feminino e +50 Kg, unha das categorías máis numerosas da competición, non logra escalar ao pódium na súa estrea como competidora, e apéase en cuartos de final. 
David Gil Nogueira (categoría 11-13 anos masculino e +55 Kg)  logra a súa segunda medalla de bronce do ano, nunha boa actuación, sentíndose máis cómodo que na especialidade de Light-Contact.
Manuel Cerqueiro Montoto (categoría +17 anos masculino e -65 Kg) e Alejandro Calvo Soto (categoría +17 anos masculino e -75


Kg), estréanse no medalleiro logrando ambos a medalla de bronce nas súas respectivas categorías.
José Manuel Couto Barros (categoría +17 anos masculino e -85 Kg.) e José Martín García González (categoría +17 anos masculino e +90 Kg.) repiten os resultados conseguidos na especialidade de Light-Contact. Os dous veteranos competidores lalinenses logran a medalla de bronce e de prata respectivamente.  José Martín García González non alcanza o ouro nunha dura final, na que mesmo tivo que ser atendido polo cadro médico da competición.
A actuación máis destacable foi de mans de Luís Segade Penela (categoría +17 anos masculino e -90 Kg.). Vence en semifinais a Arón Ayude (Escola de Kickboxing Ayude de Melide),  varias veces medallista a nivel nacional en diferentes especialidades do kickboxing e Campión de España (FEK) nesta especialidade de kickboxing. Despois perde nunha axustada final ante David Casais (Kickboxing Poio), tamén membro da Selección  Galega. O de Silleda suple un a priori menor nivel técnico, con combates moi estudados e intelixentes.
A pesar de seguir resistíndoselles o  ouro os do Deza, pódense considerar uns grandes resultados, e o que é moi importante, unha boa impresión de cara a futuras competicións.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...