Coa chegada do Nadal, dende a Concellería de Benestar e
Emigración, piden a colaboración das familias de Lalín, asociacións e empresas,
na tradicional recollida de xoguetes e agasaios co obxetivo de que o Día de
Reis sexa una festa para toda a infancia.
Convidan a colaborar con agasaios novos e usados en perfecto
estado nesta Campaña “NINGÚN NENO E NENA SEN XOGUETE” 2015.
Os agasaios pódense entregar durante o mes de decembro no
Desván (R. Manuel Rivero nº3) os xoves de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 18:00h.
Máis información no teléfono 986 78 00 14 – persoas de
referencia Eva Prieto e Carlos Presas – nos correo electrónicos educadora@lalin.org – migracions@lalin.org respectivamente.
Grazas pola vosa solidaridade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario