Resultados "III Copa Diputación de A Coruña de Kickboxing". Visantoña-Santiso 05/12/2015

O Club Kickboxing Lalín pon a guinda a un bo ano cunha gran actuación na III Copa Deputación da Coruña de Kickboxing, celebrada o 05/12/2015 en Visantoña, concello de Santiso na proba de Lightcontact.
Os cinco competidores do club lalinense logran outras tantas medallas nas súas respectivas categorías que se reparten da seguinte forma:

Noelia Ferreiro Reboredo prata en feminino 11-12-13 anos e +50 Kg.
David Gil Nogueira prata en masculino 11-12-13 anos e +60 Kg.
Manuel Cerqueiro Montoto ouro en masculino +17 anos e -65 Kg.
Alejandro Calvo Soto bronce en masculino +17 anos e -75 Kg.
José Martín García González prata en masculino +17 anos e +85 Kg.


Os éxitos da expedición lalinense non quedan aí. A Noelia Ferreiro Reboredo élle outorgado o premio á “Mellor competidora infantil feminina III Copa Deputación de A Coruña” e a Manuel Cerqueiro Montoto ao “Mellor competidor senior masculino III Copa Deputación de A Coruña”.



No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...