Relación de participantes do Club Kickboxing Lalín no “Campionato Galego de Kickboxing Light-Contact 2016”.

O Club Kickboxing Lalín participará de novo nunha competición oficial do kickboxing autonómico. Nesta ocasión no Campionato Galego de Kickboxing Light-Contact, proba dentro das especialidades de tatami. O torneo terá lugar o vindeiro sábado 14 de maio no Polideportivo Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela, dando comezo ás 10:30 h. coas eliminatorias e semifinais e proseguindo a partir das 17:30 h. coas finais. A entrada será gratuíta.
A representación dezana que se desprazará á capital galega correrá a cargo de:
  • Noelia Ferreiro Reboredo, en 13-14-15 anos e -65 Kg. feminino.
  • David Gil Nogueira, en 10-11-12 anos e +47 Kg. masculino.
  • Marcos Fernández Méndez en +17 anos e -79 Kg. masculino.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...