VIII COPA DIPUTACIÓN DE OURENSE (04/06/2016). INSCRIPCIÓN COMPETIDORES.

O vindeiro sábado 4 de Xuño nas  instalacións do Pazo de Deportes Paco Paz, celebrarase a VIII edición de Copa Deputación de Ourense nas probas de Point-Fighting e Light-Contact.
Polo Club Kickboxing Lalín participarán un total de tres competidores, todos nas dúas probas:
  • David Gil Nogueira en 13-14-15 anos masculino e +69 Kg. 
  • Manuel Cerqueiro Montoto en de 19 a 40 anos masculino e -69 Kg.
  • Marcos Fernández Méndez en de 19 a 40 anos masculino e -84 Kg.
Será a primeira participación de David Gil na categoría de 13-14-15 anos despois de conseguir os campionatos galegos de Point Fighting e Light-Contact e a medalla de bronce no nacional de Point Fighting na categoría de 10-11-12 anos no que levamos de tempada. Doutra banda Manuel Cerqueiro recupérase para a competición logo de sufrir unha pequena lesión que lle impediu competir no recente galego de Light-Contact.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...