Campionato Galego de Kickboxing Light-Contact (Noia 04/02/2018). Representación Club Kickboxing Lalín

Primeira cita de importancia do Club Kickboxing Lalín neste ano. Coincidindo coa 50ª edición da Feira do Cocido, unha representación do kickboxing lalinense desplazarase ata Noia a disputar o Campionato Galego de Kickboxing Light-Contact.
O equipo asistido na esquina por Antonio Reboredo, estará formado por David Gil Nogueira na categoría de 14-15-16 anos masculino e +69 Kg., e do debutante Adrián Chorén Sanmartín na categoría de +18 anos masculino e -79 Kg.

A competición, que é clasificatoria para o Campionato de España na proba de Light-Contact, terá lugar no Pavillón Municipal “Agustín Mourís” de Noia o 04/02/2018, dando comezo ás 10:00 horas coas eliminatorias e semifinais e iniciando as finais a partir das 16:00 horas.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...