CAMPEONATO GALLEGO OFICIAL DE KICKBOXING 2012 (Kickboxing Americano)

CTO. GALLEGO 2012 CON TRESPAR SIN F. (1)O Club Kickboxing Lalín participará no “Campionato Galego Oficial de Kickboxing” que se disputará o vindeiro sábado 14/04/2012 en Pontevedra, e que é clasificatorio para o “Campionato de España” da Federación Española de Kickboxing (CSD).

A representación dezada correrá a cargo de:

· Jorge García González (Lalín), que competirá na categoría de -75 Kg nas modalidades de Semi-Contact e Light-Contact.

· José Manuel Couto Barros (Lalín), que competirá na categoría de -80 Kg nas modalidades de Semi-Contact e Light-Contact.

· José Martín García González (Lalín), que competirá na categoría de +85 Kg na modalidade de Semi-Contact.

· Manuel Tato Espiño (Vila de Cruces), que competirá na categoría de -75 Kg nas modalidades de Semi-Contact e Light-Contact, e na categoría de +17 anos na modalidade de Forms.

· Santiago Uzal Sánchez (Silleda), que competirá na categoría de -80 Kg na Modalidade de Semi-Contact.

A pesar de ser a primeira vez para a maioría dos deportistas dezanos que participan nun campionato galego, espérase igualar, ou mesmo mellorar os resultados da última edición celebrada o ano pasado en Vila de Cruces, na que o Club Kickboxing Lalín conseguiu un total de cinco medallas e na que Manuel Tato proclamouse “Campión Galego” do ano 2011 na modalidade de Light-Contact.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...