Resultados “Campeonato Gallego de Kickboxing 2012” (Club Kickboxing Lalín).


Excelente a actuación dos deportistas dezanos do Club Kickboxing Lalín no “Campeonato Gallego Oficial” celebrado o pasado sábado en Pontevedra.
474201_381338201889521_100000400327332_1159971_1819977188_o
A casualidade fai que José Manuel Couto Barros enfróntese en cuartos de final tanto na modalidade de Semi-Contact como na de Light-Contact ao mesmo deportista, Marcos Alvarellos da “Escola Ayude” de Melide, deportista moi rodado e con varias participacións xa nos campionatos de España. Couto perde pola mínima nas dúas modalidades, póndollo difícil nos dous combates, pero sobre todo na modalidade de Semi-Contact na que perde pola mínima.
401680_381299191893422_100000400327332_1159849_2002921522_n
Jorge García González perde en Light-Contact en oitavos de final con Marcos Guerreiro do “Artes Marciais Bushido”, pero logra o Subcampeonato na modalidade de Semi-Contact nunha final disputada co seu compañeiro de equipo Manuel Tato Espiño.
Manuel Tato, por tanto proclámase “Campeón Gallego” na modalidade de Semi-Contact. Na modalidade de Light-Contact, na que a priori partía de favorito ao ser o gañador da edición anterior, non logra pasar dos cuartos de final ao claudicar tamén contra Marcos Guerreiro do “Artes Marciais Bushido”, sobre o que o de Vila de Cruces non logrou aplicar todo o seu potencial ofensivo nun duro combate. Con mellor sabor de boca queda na modalidade de Forms, na que Tato proclámase Subcampión Gallego nunha final disputada contra o deportista Miguel A. Vila, pontevedrés do “Odisea Sport”.
582697_381299018560106_100000400327332_1159847_2016855626_n
Santiago Uzal Sánchez enfróntase contra o tamén deportista das filas do “Odisea Sport” Óscar García, protagonizando un dos máis emocionantes e axustados combates da tarde, no que houbo que recorrer ao tempo extra e a posteriori á morte súbita para desfacer o desempate e os continuos cambios de líder. O pase a semifinais é logrado polo da cidade do Lérez.
IMG_5634
José Martín García González protagoniza a sorpresa da xornada ao conseguir o “Campionato Gallego” na modalidade de Semi-Contact nunha final disputada contra José A. Díaz do “Asgard” cun combate ben estudado e con técnicas precisas, impóndose con claridade ao seu rival.
En resumo, o Club Kickboxing Lalín logra un total de dous “Campeonatos Gallegos” e dous “Subcampeonatos” e demostra un bo potencial de competición, en especial na espectacular modalidade do kickboxing amater de Semi-Contact, na que os deportistas dezanos Manuel Tato Espiño e José Martín García González saen con moitas posibilidades de integrarse na selección galega e participar no próximo campeonato oficial de España da “Federación Española de Kickboxing (FEK)”.
IMG-20120415-WA0000

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...