2ª Copa Diputación de A Coruña–Club kickboxing Lalín

copa diputacion2Catro serán os participantes do “Club Kickboxing Lalín” na “2ª Copa Deputación da Coruña”, que terá lugar na localidade de Melide o Sábado día 30/06/2012 no Pavillón Municipal a partir das 16:30 horas, organizado pola “Escola Ayude” de Melide.

José Martín García González, actual “Campión Galego” pola FGK na modalidade de “Semi-Contact”, participará na modalidade de “Low-Kick Control-Contact” na categoría de +95 Kg.

Matías Dabobe Da Luz, tras un bo debut en competición no “1er Campionato de San Sadurniño” en “Light-Contact”, estrearase na modalidade de “Semi-Contact” na categoría de -65 Kg .

José Manuel Couto Barros competirá na modalidade de Semi-Contact na categoría de -75 Kg.

Belén García Penerbosa, que debutará en competición, participará na Modalidade de Semi-Contact na categoría de -75 Kg.

A destacar a participación desta última deportista, que pasa por ser a primeira representante feminina do “Club kickboxing Lalín” en competición, que a pesar da súa mocidade, 17 anos, é unha das practicantes máis veteranas dos deportistas do club lalinense, cunha gran proxección de futuro en competición e calidade técnica, que fai soñar con títulos importantes para a comarca en futuras competicións de calquera das modalidades do kickboxing.

474201_381338201889521_100000400327332_1159971_1819977188_o

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...