“2ª Copa Diputación de A Coruña”. Resultados do Club kickboxing Lalín.

2012-06-30 20.00.05
Ningún ouro para o equipo dezano na “2ª Copa Deputación de A Coruña”, celebrada en Melide o pasado sábado día 30/06/2012, pero ningún dos competidores regresaron de valeiro.
José Martín García González lograr o bronce na modalidade de “Low-Kick Control-Contact” na categoría de +95 Kg; modalidade na que debuta.
Matías Dabobe Da Luz, logra a prata na súa estrea na modalidade de “Semi-Contact”, en -65 Kg , perdendo na final por un axustado 4 a 3.
José Manuel Couto Barros, que compite igualmente na modalidade de “Semi-Contact” pero na categoría de -75 Kg realiza uns grandes combates pero o esforzo realizado non se reflicte no resultado final, logrando alcanzar só a prata.
Belén García Penerbosa, logra igualmente a prata en Semi-Contact, categoría de -75 Kg,no seu debut en competición. Perde na final contra Cora Ayude, da “Escola Ayude” de Melide, unha deportista moi experimentada en competición, con numerosas medallas a nivel nacional.
A desvantaxe psicolóxica de enfrontarse a unha deportista local e moi experimentada, afecta negativamente a púxil de Rodeiro do “Club Kickboxing Lalín” non logrando despregar totalmente o seu potencial ofensivo, pero deixando moi boas sensacións de cara a futuras competicións.
Resumindo: un total de 3 medallas de prata e unha de bronce para os catros púxiles dezanos, nun torneo en que a maioría dos do club lalinense debutaban nas súas respectivas modalidades, mesmo nalgún caso, debutando en competición.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...