Campeonato Gallego de Kickboxing 2013 (07/12/2013)

O "Club Kickboxing Lalín" participará no "Campeonato Gallego de Kickboxing" con tres competidores.
O campionato organizado pola "Federación Gallega de Kickboxing e DDAA" terá lugar o próximo día 7 de Decembro en Expourense (Ourense) a partir das 17:00 horas.
Os tres participantes do club dezano competirán na proba de "light-Contact" pero en diferentes categorías de peso. José Martín farao en +90 Kg, Ciprián en -85 Kg e Manuel en -75 Kg.
A eliminación neste torneo da modalidade de "Semi-Contact" non favorece aos lalinenses, modalidade na que José Martín foi Campión Galego no ano 2012 e na que o equipo lalinense espreme mellor o seu potencial.
De todos os xeitos espéranse moi bos resultados dada a calidade demostrada por estes competidores na proba de "Light-Contact" en diferentes torneos do ámbito do kickboxing galego.


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...