Campeonato Gallego de Kickboxing 2013 (07/12/2013) (Resultados)

Baixo un gran ambiente festivo, de cordialidade e deportividade desenvolveuse o “Campeonato Gallego de Kickboxing 2013”. O Campionato, organizado pola “Federación Gallega de Kickboxing e DDAA” xunto á “Fundación Cipri Gomes” celebrouse este ano en Expourense (Ourense) coincidindo co “Megaxoven”, no que participaron numerosos clubs de diferentes puntos da comunidade autónoma.
O Club Kickboxing Lalín participou con tres competidores, todos na modalidade de “Light-Contact”, pero en diferentes categorías de peso. Manuel Bardelás Palmou, en -75 Kg; Ciprián Sarbu en -85 Kg e José Martín García González en +90 Kg.
Nesta ocasión a sorte é favorable aos lalinenses, non así noutras moitas ocasións, e conséguense uns bos resultados ante unha actuación mellorable. Os dous veteranos do club, José Martín e Ciprián, non brillan como é habitual e conseguen ambos a medalla de prata nas súas respectivas categorías.
O debutante na competición galega, Manuel, protagoniza a sorpresa da xornada para o club do Deza e logra a medalla de ouro nun combate maduro, ben exposto, logrando a vitoria pola mínima e proclamándose “Campeón Gallego de Light-Contact da FGK”.

Grandes resultados para o Club Kickboxing Lalín, que compensan en parte os esforzos diarios destes deportistas, que como na maioría dos deportes amateurs, o máximo premio é a satisfacción persoal.



No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...