Relación de participantes do Club Kickboxing Lalín no “Campionato Galego de Kickboxing Point Fighting 2016”

O vindeiro domingo, 28 de Febreiro, terá lugar o “Campionato Galego de Kickboxing Point Fighting 2016” no Pavillón Municipal de O Viso, Arzúa.
O Club Kickboxing Lalín participará nesta proba das especialidades de tatami, anteriormente denominada como Semi-Contact, con tres competidores:
·         David Gil Nogueira en 10-11-12 anos e +47 Kg.
·         Manuel Cerqueiro Montoto en +19 anos e -69 Kg.
·         Marcos Fernández Méndez en +19 anos e -84 Kg.

A competición desenvolverase en horario de mañá e tarde, repartíndose da seguinte forma: de 10:00 a 10:30 horas realizarase a pesada,  a partir das 10:30 horas celebraranse as eliminatorias e semifinais pasando a celebrarse as finais pola tarde a partir das 16:00 horas.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...