
Na categoría de +19 anos e -69 Kg. Manuel Cerqueiro Montoto,
tras clasificarse para a final, logra o segundo posto, ou o que é o mesmo, o
subcampeonato galego.
O outro competidor do Club Lalinense, Marcos Fernández
Méndez, +19 anos e -84 Kg. non logra escalar nas eliminatorias na súa estrea
como competidor e cae contra o varias veces medallista en competicións
autonómicas e nacionais e veterano competidor Francisco Javier Iglesias Lage do
Club Estudio A Valenza.
O Campionato Galego de Kickboxing Point Figthing 2016,
celebrouse na localidade coruñesa de Arzúa o pasado 28/02/2016, no que se deron
cita preto de 200 participantes repartidos en diferentes categorías de idade e
peso.
O Point Figthing, antes denominado como Semi-Contact, é unha
proba que se engloba dentro das especialidades de tatami da modalidade
deportiva de Kickboxing.
No hay comentarios:
Publicar un comentario