David Gil Nogueira. Campionato de España de Kickboxing 22, 23 e 24 de Abril en Salamanca.

David Gil Nogueira fai historia no Club Kickboxing Lalín e pasa a ser o primeiro representante do club lalinense en participar no Campionato de España de Kickboxing que se celebrará os vindeiros 22, 23 e 24 de Abril en Salamanca. No campionato, organizado pola Federación Española de Kickboxing (FEK), mediranse os mellores deportistas do ámbito nacional nas probas de Formas Libres, Point Figthing (antes denominado Semi-Contact), Light-Contact e Full-Contact, desenvolvéndose  máis de 600 combates segundo a organización.

David Gil competirá coa selección galega da Federación Deportiva Gallega de Kickboxing na proba de Point Figthing e na categoría de 10-11-12 anos e máis de 47 Kg., categoría na que é o actual campión galego. "Chega nun gran momento de forma e cunhas condicións moi favorables fisicamente na súa categoría, como se puido ver no Campionato Galego desta proba, na que non deu opcións aos seus adversarios".

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...