
No campionato, organizado pola Federación Española de
Kickboxing durante o 22, 23 y 24 de Abril en Salamanca, medíronse uns 700
deportista de todo o ámbito nacional nas probas de Formas Libres, Point
Figthing (antes denominado Semi-Contact), Ligth-Contact e Full-Contact.
O deportista do Club Kickboxing Lalín participaba na proba
de Point Figthing e na categoría de 10-11-12 anos e máis de 47 Kg.,
representando á Federación Deportiva Gallega de Kickboxing, proba e categoría
na que é o actual Campión Galego.
O total de trofeos conseguidos por todos os membros da selección
galega foi de 28 ouros, 20 pratas e 19 bronces, posicionándose Galicia como una
das potencias do Kickboxing nacional.
A próxima cita para David Gil e resto de competidores do
Club Kickboxing Lalín, será o Campionato Galego de Ligth-Contact, unha das
probas de Tatami Sports dentro do Kickboxing, que se celebrará o 14 de Maio na
capital galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario