Campionato Galego de Kickboxing Light-Contact (Noia 04/02/2018). Resultados.
Os dous representantes
do Club Kickboxing Lalín conseguen, nas súas respectivas categorías, a medalla
de bronce no Campionato Galego de kickboxing Lightcontact 2018. O Campionato, celebrado o pasado domingo 4 de Febreiro
na localidade coruñesa de Noia, era clasificatorio para o Campionato de
España desta mesma proba de Tatami Sport. Adrián Chorén Sanmartín logra no seu combate de debut un bronce na
categoría de 19-40 anos Masculino e -79 Kg.. O de Noceda ten sorte no sorteo dos cruces, logrado escalar na
clasificación e consegue unha inesperada presea na primeira
asistencia a un torneo oficial. O outro metal é conseguido por David Gil
Nogueira, na categoría de 13-15 anos masculino e +69 Kg. O de Lalín non fía
fino na súa actuación, non logrando pasar á final nunha das categorías máis
rifadas do torneo. Dáse a casualidade que os dous finalistas son
descualificados por usar técnicas ilegais, quedando as dúas posicións máis
altas do pódium desertas. Próxima competición para os do Deza o próximo 17
Febreiro en Marín. Nesta ocasión outra proba de Tatami Sports; o Campionato Galego de Kickboxing Pointfight, tamén clasificatorio para o Campionato de España desta
proba.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario