Tres integrantes do
Club Kickboxing Lalín participarán no Campionato Galego de Pointfighting. Este
campionato é clasificatorio para o Campionato de España desta mesma proba de
Tatami Sports. Os representantes lalinenses serán:
• David Gil Nogueira, na categoría de 13-14-15
anos masculino e +69 Kg.
• Manuel Cerqueiro Montoto, na categoría de
17-40 anos masculino e -74 Kg. Manuel a priori é inscrito na categoría de -69
Kg. pero a Federación Deportiva Galega de Kickboxing decide agrupar as dúas
categorías xa que non se dá o número mínimo de inscritos na de -69 Kg. Este é
un punto a priori desfavorable para o de Moneixas.
• Marcos Fernández
Méndez, na categoría de 17-40 anos masculino e -79 Kg. O de Forcarei afincado
en Lalín di adeus á competición senior neste torneo xa que alcanzará
proximamente os 41 anos.
O Campionato terá lugar
o sábado 17 de febreiro de 2018 no Pavillón do Sequelo de Marín, dando comezo
as eliminatorias ás 10:15 hora e as finais ás 16:00 horas.
Desde o club lalinense
espéranse bos resultados seguindo a liña de anteriores edicións desta
espectacular proba, na que se conta con varios campionatos e subcampeonatos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario